Ponteareas/PSOE | Os socialistas de Ponteareas queremos amosar a nosa indignación e denunciar o desinterese e a insensibilidade total do Partido Popular polas demandas e necesidades dos veciños de Angoares e Moreira. “O PP está máis preocupado por satisfacer a Núñez Feijóo que por arranxar aos veciñas de Ponteareas” Sinala Chus Garrote.
O Partido Popular vén de absterse na votación do pleno extraordinario onde se trataron as alegacións propostas polos veciños de Angoares e Moreira ao proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada PO-403 que ten presentado a Xunta de Galicia, o que para o PSdeG-PSOE de Ponteareas é unha mostra de deslealdade cara os veciños.
Recordar que ditas alegacións e propostas son froito das diversas xuntanzas mantidas polo goberno cos colectivos sociais afectados, chegando a percorrer a PO-403 cos veciños e veciñas de Moreira e Angoares para detectar os puntos máis críticos. A esta andaina foron invitados todos os partidos, mais o PP fixo caso omiso á invitación plantando aos veciños.
O PSdeG-PSOE de Ponteareas denuncia publicamente a actitude do PP e o seu “pasotismo político”, demostrando unha vez máis a súa insensibilidade por Ponteareas. Para os socialistas, esta é unha mostra máis de que o PP está máis preocupado por satisfacer ao goberno da Xunta de Galicia que polo benestar e a seguridade dos veciños e veciñas de Ponteareas. Chus Garrote sinala que “Salvador González Solla está máis preocupado por gañarse unha silla ao lado de Feijóo, agora que deixa o cargo, que polas necesidades de Ponteareas”.