SALCEDA DE CASELAS / PSOE | Os socialistas son contundentes na súa valoración, “polígono industrial si, que as empresas teñan as garantías xurídicas necesarias para desenvolver a súa actividade e tamén para crecer, si, pero non a costa dos veciños de Salceda.”
O que se pretendía onte coa aprobación da modificación puntual do Cerquido era incorporar un terreo totalmente alleo e separado do conxunto do parque empresarial á modificación, unterreo que xa está protexido de por si, por ser Rede Natura, no que xa no seu día unhasentencia do TSX de Galicia declaraba non industrial, co fin de favorecer a unha empresa endetrimento do resto e de todos os veciños. Por iso o grupo socialista xa emitiu na comisióninformativa o seu voto particular, no que reflexaban claramente o seu apoio a ordenación do Cerquido pero sen este engadido artificial, que non vai proporcionar servizos no polígono, É unha auténtica vergoña que o Alcalde impoña un receso no Pleno, para que representantes dunha empresa presionen as concelleiras socialistas para votar en contra dos veciños, porque foi así como nos sentimos e o Sr. Alcalde permitiu esta situación, que na nosa opinión A portavoz socialista engade tamén “non me vou deixar amedrentar pola actitude do Sr. Alcalde, a falta de respecto que me mostra en cada pleno polo simple feito de ser muller e aspresións non me van a votar atrás: cumprimos cos veciños de Salceda e iso é o importante”.
Gela Ledo: “Sentí vergüenza de que Verónica tuviese que recordarle al Sr. Alcalde que lasmujeres también sabemos de urbanismo, y también podemos estar en política, pero que “sea la portavoz socialista la única mujer miembro de la comisión de urbanismo, ya lo dice todo”
No caso do PXOM o Sr. Alcalde pretendía pisotear os veciños, non recolleu nin unha soaproposta veciñal. A posición dos socialistas é de sobra coñecida, e defendemos o interese xeral dos veciños por encima de ningún interese particular ou partidista. A responsabilidade dunPXOM mal feito é do Sr. Alcalde, non da corporación.
Estamos a disposición do Sr. Alcalde para comezar a traballar e apoialo neste tema tanrelevante para a veciñanza de Salceda, pero sempre e cando se faga a ordenación como debeser, sen movementos que só satisfagan posibles intereses particulares. Tourón, “pídolle queescoite ós veciños, que poñamos sobre a mesa o consenso social e que traballemos paraSalceda unha ordenación sensata, transparente e participativa e terá o noso apoio”.
“Con esta decisión non gaña nin o PSOE, nin o PP, gaña Salceda e os seus veciños”, afirmaVerónica Tourón. “A corporación é a representación da veciñanza, e os veciños non querenmovementos especulativos en Salceda. Trátase de pechar portas a especulación e non de boicotear ningún traballo, e creo que os políticos debemos ser claros e contundentes nisto”