Allariz | A Queixería de O Rexo recibiu o convite para entrar a formar parte do selecto grupo de queixerías de campo e artesanais de España. Convite que a dirección da granxa aceptou de bo grado.
A rede de queixerías de campo e artesanais está formada por queixeiros e outros actores relacionados co mundo do queixo, unidos para defender e promocionar as queixerías artesanais e ten como intención dialogar coas administracións para adaptar a normativa á realidade das nosas producións.
Ademáis a rede forma parte dunha asociación europea, a Rede Europea de Produtores de grazas á cal están representados ante as institucións europeas.
O Rexo estará presente na Feira Gourmet de Madrid mañá mércores día 19 xunto con outras 40 queixerías. O stand estará no pabellón 8 en é antenderán dende as 10 da mañá ata as 19 da tarde a todos os nosos clientes e amigos.