O Rey de España presidirá o Comité de Honra de Termatalia 2024

Celebrarase en Expourense entre o 26 e o 28 de setembro Ourense | A súa Maxestade o Rey de España, Don Felipe VI,

Ourense | A súa Maxestade o Rey de España, Don Felipe VI, presidirá o Comité de Honra de Termatalia 2024 que se celebrará como feira completa en Ourense entre o 26 e o 28 de setembro. Esta aceptación avala un ano máis a traxectoria da Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar e posiciónaa como un proxecto de interese xeral para a sociedade ao promover a Cultura da auga e o seu aproveitamento sostible, á vez que xera novas oportunidades de negocio para as empresas españolas e latinoamericanas, xa que a feira posicionouse como todo un exemplo de cooperación público-privada en Iberoamérica.

Coa súa aceptación para formar parte deste proxecto, a Casa do Rey ratifica o seu apoio unha vez máis a esta cita, presidindo o comité de honra ano tras ano desde que era Príncipe de Asturias e que continuou facendo agora no seu papel de monarca.

O auxe que está a vivir o termalismo como actividade económica, turística e sanitaria, conleva á necesidade de implicar a estamentos públicos e privados. Este feito levará un ano máis á organización de TERMATALIA a facer partícipes deste proxecto a distintas institucións públicas nacionais e autonómicas relacionadas co sector do turismo de saúde.

Termatalia conta co Selo de Internacionalidade concedido polo Ministerio de Economía, Comercio e Empresa do Goberno de España. No que respecta a as súas edicións en América Latina, sucedéronse os recoñecementos e apoios dos distintos estados e países que foron sede. A última edición de Termatalia como feira celebrouse en Ourense en 2022.

Nas edicións celebradas en América Latina (2012 Perú; 2014 Arxentina; 2016 México; 2018 Brasil e 2023 Uruguai) Termatalia contou sempre co apoio dos principais axentes do turismo públicos e privados do país. A última edición, celebrada en Uruguai en outubro de 2023, contou coa declaración de Interese Turístico Nacional por parte do Ministerio de Turismo da República Oriental do Uruguai e foi inaugurada polo propio presidente da República, Luís Lacalle Pou, sendo a primeira vez que un Xefe de Estado participaba neste evento con selo ourensán.

A edición de 2018 en Foz de Iguaçu, estivo presidida polo entón ministro de Turismo brasileiro, Vinicius Lummertz. Durante a edición de México en 2016, Termatalia foi recoñecida polo Congreso dos Deputados do Estado de Coahuila. Na edición de Arxentina en 2014 conseguiu a declaración de Interese Turístico do Goberno Arxentino e a de Interese Parlamentario por parte da Cámara de Deputados da Nación.

Durante a edición de 2012, celebrada en Perú, a feira conseguiu tamén o recoñecemento de Feira Internacional por parte de Ministerio de Relacións Exteriores do Goberno de Perú e tamén a Declaración de “Evento Turístico Nacional” por parte do Ministerio de Comercio Exterior e Turismo.

Termatalia foi presentada en Madrid con motivo de Fitur, en xaneiro deste ano.