Arbo | Coa volta do Samaín 2022 a volta da esquina, o Concello avanza que xa ten programada para os cativos da casa un Samain especial adaptado as medidas COVID, baile de esqueletos, tunel do terror, música e moita diversión asegurada.
O Concello de Arbo de Arbo, ven de poñer en marcha a actividade cultural para ir facendo camiño a nova normalidade con actividades adaptadas as circunstancias, sempre cumprindo coa normativa, pero que ofrecen un momento de lecer e divertimento para a poboación infantil do municipio.
Dentro do programa do “Outono Cultural do ano 2021”, o día 30 de outubro na Praza Consitorio ás 18:00 horas ten lugar o Samain, que no caso de mal tempo será trasladada ao Multiusos de Arbo. No caso de mal tempo a actividade trasladase ao Auditorio do Centro Multiusos
Como sempre a entrada e gratuita ata completar aforo e obrigatorio o uso de mascarilla e as demais recomendación recollidas no protocolo COVID.
Dende o Concello de Arbo, solicitamos colaboración dos asistentes, para que se cumpran todas as medidas COVID para o evento, que os nenos e nenas participantes vaian acompañadas por un adulto, que en todo momento se utilice a mascarilla e que se cumpra coas indicacións dadas polos voluntarios e colaboradores do Concello de Arbo, encargados de supervisar e facer cumprir os protocolos e recomendacións das autoridades sanitarias durante toda a actividade.
Bolsas de estudo para universitarios
O Concello de Arbo, en colaboración coa Función “ Segundo Gil Dávila”, CONVOCA DE AXUDAS DE ESTUDOS DE 500,00€ cada unha.
Poderán solicitar esta axuda aqueles mozos e mozas, que realicen estudos universitarios no presente curso 2021/2022 e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar empadroado no Concello cun ano de anterioridade ao momento en que se solicita a beca.
b) Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtencíon dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a beca. A estes efectos, non poderán ser beneficiarios de beca aqueles estudantes aos que únicamente lles reste, para a obtención do título, a acreditación dun determinado nivel de coñecemento dun idioma estranxeiro.
c) Estar matriculado nalgunha das ensinanzas universitarias do sistema educativo español para obter un título universitario oficial.
d) No caso do Master, só se terán en conta aqueles que habilitan para o exercicio profesional.
e) Non atoparse incurso nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
A Instancia de solicitude dirixirase ó Sr. Alcalde – Presidente do Concello de Arbo,
Acompañada da documentación establecida nas Bases ds convocatoria (a disposición dos solicitantes nas Oficinas Municipais e na páxina Web).
O prazo de presentación estará aberto dende o día 13 de outubro ata ó 15 de novembro de 2021. Para máis información en Servizos Sociais do Concello de Arbo o una páxina web do concello www.concellodearbo.es.