“O Século do Milagre. A consagración de Compostela”

Un libro revelador que desmitifica historias en torno ao Apóstolo e o Camiño

O escritor Rodrigo Costoya Santos (Torrelavega, 1977) presenta o seu novo libro “O Século do Milagre. A consagración de Compostela” (Editorial Pàmies, 2025), un texto que desmitifica diversos aspectos históricos sobre a orixe de Compostela e do Camiño de Santiago.

O autor considera como lendas algunhas das historias que nos resultan tan familiares como o nacemento de Compostela polo eremita Paio, guiado por unhas luminarias ata a tumba do Apóstolo Santiago e o nome de Campus Stellae. Ou que o rei Afonso II foi o primeiro peregrino da historia.

As súas investigacións afirman que no sepulcro sen identificar non había mais nada que un burgo modesto e unha pequena igrexa e que o propio Vaticano desmentiu que aí estivera a tumba de Iacobus, incluso excomulgando a algún bispo por defender esa tese. Explica tamén como foron creados o arcebispado de Compostela e a Catedral que corou reis, entronizou Papas, colocou a Compostela á altura de Roma e Xerusalén e fixo do Camiño de Santiago un referente pioneiro para a construción de Europa.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.