Ribadumia | O terceiro médico será pronto unha realidade en Ribadumia. E serao gracias ao traballo continuado da nosa formación ao longo dos últimos meses, centrado no diálogo coa xerencia da EOXI Pontevedra-O Salnés, que pouco a pouco vai dando o seu froito.
A comunicación por parte do SERGAS de que unha das novas prazas que creou para reforzar a atención primaria en Galicia vai vir para Ribadumia, é para a nós toda unha satisfacción.
Tal como explica Enrique Oubiña, “ o SERGAS ten moito onde reforzar, pois leva anos acometendo recortes na atención primaria. Este 3° médico podería irse a calquera outro centro de saúde, e de feito hai concellos que están reclamando que non se incluirán reforzos nos seus centros de atención primaria, ou que non se incluíran os suficientes. Que viñera para Ribadumia é un logro da nosa formación, que máis aló de participar en todas as accións de protesta contra os recortes e de defensa da Sanidade pública, realizamos un traballo soterrado de diálogo con quen toma as decisións, que vai dando resultados positivos para a nosa veciñanza”.
O terceiro médico é unha vella reclamación do noso Concello, iniciada no mandato de Salomé Peña, cando Ribadumia superou os 5.000 habitantes. Porén, non foi o PP desa época quen da facer nada máis que apoiar as nocións que a oposición lle levou a pleno sobre esta cuestión, nin tampouco sobre ningunha outra, como a cesión do mantemento do centro de saúde á Xunta.
Tivemos que chegar nós ao goberno no 2015, para que as cousas empezaran a moverse. E os feitos falan por nós. Con Oubiña de Concelleiro de Sanidade logrouse a cesión do centro de saúde ao SERGAS, un importante aforro para o noso concello. Tamén gracias as xestións de Oubiña logramos que se cubriran en diferentes momentos as prazas de médicos vacantes, que por diversos motivos nos deixaban cun só facultativo durante semanas.
Todo isto froito dun traballo de diálogo constante coa xerencia do EOXI, que mantivemos logo das eleccións do ano 2019, pois a nosa vocación é de servizo á nosa veciñanza, e a través do cal, mentres David Castro tiraba ao lixo unha recollida de sinaturas iniciada por el mesmo ao tempo que se facía fotos nas concentracións convocadas por outras forzas políticas, para aparentar un compromiso que non ten, nos logramos unha vez máis por fin á situación creada cando unha facultativa causou baixa por xubilación.
Agora, logo de meses de traballo, cuxo peso recaeu no noso compañeiro Ricardo Fontán, que mantivo varias e longas xuntanzas coa xerencia da EOXI para tratar de poñer solución aos dous grandes problemas que enfrontamos, a falta de pediatra e a necesidade dun terceiro médico, vemos como todo ese traballo segue dando resultados.
Seguimos tendo deficiencias no centro de saúde, como a falla do pediatra, e polo tanto aínda debemos seguir traballando, pois ademais deses problemas adoece nos dun alcalde vago, que abandona á veciñanza e que só sabe moverse para mirar de manterse no cargo cobrando da veciñanza, pero consideramos que lograr un terceiro médico, que ademais tal e como propuxemos dará atención de tarde, ampliando así o horario no que o centro de saúde dará servizo, é un importante logro para o noso concello e para a nosa veciñanza.
Dende a nosa formación queremos felicitar publicamente a Ricardo Fontán polo seu esforzo continuado, e á xerencia da EOXI pola súa vontade de diálogo e de encontrar solucións aos problemas do noso centro de saúde. “Sabemos que cando toqueo desaparecido David Castro será o primeiro en aparecer para a fotografia, aínda que el en tres anos unicamente foi a Pontevedra foi a queixarse de que a EOXI mantivera conversas con Somos Ribadumia. Pero que ninguén se engane, o traballo fixémolo dende Somos Ribadumia, a pesar de estar na oposición e de non ter o máis mínimo apoio dos Independientes, que mentres nos traballamos pola nosa veciñanza andan a negociar cargos e beneficios particulares en lugares privados onde pensan que ninquen os mira”.