O Tren do Nadal percorre O Porriño

Do 26 de decembro ata o 5 de xaneiro

O Porriño | ¡Pasaxeiros ao tren! O Tren de Nadal xa comezou os seus percorridos levando alegría aos nenos e nenas dos coles e aos usuarios de Aceesca , Afaga e os centros de día.

A partir do 26 de decembro, o tren estará aberto ao público, con viaxes gratuítas pola mañá e pola tarde os días 26, 27, 28, 29 de decembro, 2 e 5 de xaneiro. O 30 de decembro circulará só pola mañá. As paradas serán na Praza Arquitecto Antonio Palacios e fronte ao Pavillón Municipal.

Durante o percorrido, os pasaxeiros poderán gozar do alumeado de Nadal que ilumina as rúas da vila, creando unha atmosfera máxica que acompaña a experiencia. O Tren de Nadal tamén formará parte da Cabalgata de Reis, poñendo o broche final ás festas cun toque especial.

Dgusta Porriño entregou os seus premios
De entre os máis de 8.000 trípticos selados nesta edición da ruta tapas e petiscos do Porriño, DGusta Porriño, once foron os agraciados con tarxetas regalo para gastar no comercio e na hostalería local.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e os representantes de Ahospor, José Manuel Fernández e Silvana Rodríguez, foron os encargados de entregar onte os premios aos gañadores. As dez tarxetas por valor de 50 euros corresponderon a Emilio Rodríguez, Andrea Debén, Fran Alberti, Sergio Otero, Begoña Domínguez, Asfa Márquez, Jose Luis Álvarez, Lorena Silva, Catia Fernández e Dora. O premio gordo, o cheque de 500 euros, foi para Catarina Fernández.

Este ano foron 29 os establecementos participantes nesta ruta gastronómica que xa é cita obrigada na axenda porriñesa no mes de novembro, cando miles de persoas disfrutan das propostas da hostalería local. Concello e Ahospor aproveitaron para agradecer e felicitar novamente aos participantes nestas xornadas, tanto aos clientes que participaron como aos hostaleiros que, co seu bo facer, fixo que este evento fora un ano máis todo un éxito.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.