OSSIE, o primeiro vehículo de transferencia orbital fabricado pola empresa española UARX Space no parque empresarial da Zona Franca en Porto do Molle (Nigrán), será proximamente lanzado ao espazo. É un dos seis que actualmente existen a nivel mundial, razón pola que a NASA recoñeceu a capacidade innovadora deste proxecto liderado por Yanina Hallak e Andrés Villa, oriúndos da Arxentina que asentáronse en Galicia para crear esta empresa aeroespacial.
Poden explicarnos en qué consiste o proxecto OSSIE e cales son as súas capacidades?
Despois do lanzamento exitoso do noso deployer RAMI en xullo de 2024 no Ariane 6, OSSIE é o noso maior desafío. OSSIE é o primeiro vehículo de transferencia orbital que se está desenvolvendo en España, e un dos 6 que existen no mundo. Un vehículo de transferencia orbital pódese entender que é un “taxi” que leva aos satélites do punto onde os deixa o cohete ata a altura exacta que necesitan.
Nesta primeira viaxe, OSSIE levará 12 pasaxeiros de distintas partes do planeta, satélites privados, públicos e distintos instrumentos para a captación e análises de datos; todos eles permanecerán no interior de OSSIE ata que finalice a misión que durará uns 2 anos, posteriormente o vehículo fará unha manobra para baixar ata a atmósfera e desintegrarase para non xerar basura espacial.
“Un vehículo de transferencia orbital é como un ‘taxi’ que leva aos satélites do punto onde os deixa o cohete ata a altura exacta que necesitan”
Para cando e dende que lugar se agarda sexa lanzado ao espacio?
O lanzamento de OSSIE será no cohete Falcon 9 de SpaceX, e está previsto para finais do ano. Aínda que sempre pode haber modificacións, xa que, a súa vez, hai moitos factores que coordinar e que si un deles ten un retraso (cousa que é moi habitual) poderíase producir unha modificación na fecha de lanzamento da misión.
Cal é a implicación da Zona Franca nesta iniciativa?
Tanto a Zona Franca como a Xunta de Galicia sempre apoiaron o noso proxecto dende o seu inicio. UARX naceu no ano 2020 e as nosas primeiras oficinas foron no edificio aeroespacial da Zona Franca en Porto do Molle.
A Zona Franca e a Xunta estiveron acompañándonos en todo o desenvolvemento do noso proxecto e, por suposto, en OSSIE de igual manera. Grazas a ese apoio logramos trasladarnos as nosas actuais instalacións, unha nave no polígono industrial de Porto do Molle en Nigrán, que nos permite implementar todos os nosos procesos e poder xestionalos internamente como foi, entre outros, a construción da nosa cámara limpa de 130 metros cadrados para o ensambaxe e acoplamento de OSSIE.
“Nesta primeira viaxe, OSSIE levará 12 pasaxeiros de distintas partes do planeta, satélites privados, públicos e distintos instrumentos para a captación e análises de datos”
Segundo informacións na prensa estades traballando nun “OSSIE 2”. En qué consiste este novo proxecto e en qué se diferencia do anterior?
OSSIE 2 é un paso máis no desenvolvemento da tecnoloxía actual de OSSIE abrindo as portas a novos escenarios. Non podemos dar moita máis información xa que é un proyecto que aínda está en desenvolvemento, pero o que si podemos confirmar é que xa temos varios contratos con empresas internacionais que solicitan o servizo que prestará o novo OSSIE.
“A inclusión da nosa empresa no ‘State of the Art’ da NASA é un gran recoñecemento a todo o equipo”
Tal e como recoñeceu a NASA, UARX Space é unha das empresas máis innovadoras en materia aeroespacial. Tendo en conta a súa localización en Nigrán, este recoñecemento tamén coloca a Galicia no mapa global da investigación espacial. Neste sentido, e ademáis de OSSIE, existen outros proxectos que podan mencionar como relevantes nesta materia?
A inclusión da nosa empresa no “State of the Art” da NASA é un gran recoñecemento a todo o equipo, xa que para que a empresa poida manterse neses niveis de innovación ten que ter un gran equipo detrás que o desenvolva.
En canto á ubicación da nosa empresa, dende o principio quixemos que estivese asentada en Galicia, e queremos que esto sega así e demostrar que pódese chegar de “Nigrán ata o espacio”.
“Queremos que a nosa empresa estea asentada en Galicia e demostrar que pódese chegar de ‘Nigrán ata o espacio”
En canto a novos proxectos estamos traballando na comercialización da nosa familia de aneis de separación, que son válidos para satélites dende 30 ata 650kg. Además a comezos deste ano presentamos na Feria Internacional de SSSIF 2025 en Málaga, a nosa estructura para pequenos satélites STAR 50, que xa están a revolucionar o mercado de lanzamento de pequenos satélites. Pronto haberá moitas mais novedades que, de momento, non podemos contar.