O Morrazo | A principios desta semana comezou a montaxe da carpa na contorna dos Xardíns do Sinal e onte deuse paso á colocación da mercadoría dos 28 expositores que participan nesta edición baleirando o seu stock. Esta mañá terminarán as labores dos técnicos en canto a iluminación, son e limpeza e quedará todo listo nesta instalación de 1000m2 para o disfrute dos visitantes.
• VENRES 12: APERTURA ás 18:00h, ata as 23:00h.
• SÁBADO 13 E DOMINGO 14: de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 23:00h.
Lembramos que os clientes poderán atopar nesta feira produtos de comercios de Bueu, Cangas e Moaña con rebaixas ata o 70%, chegando a atopar verdadeiras gangas.
Cómpre informar que os visitantes poderán facer as súas compras con tarxeta, en moitos dos establecementos expositores, dado que contarán con TPV inalámbrico.
Compre destacar que este ano haberá o habitual sorteo de agasallos mediante “rascas”. Un centenar de agasallos e 1.000 euros en cheques compra, canxeables na mesma feira, de seguro farán que moitas das persoas que se acheguen a comprar na Feira reciban algún premio.
A Feira de Oportunidades lembramos que está organizada pola Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo e conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Cangas e ABANCA, xuntando esforzos para fomentar o comercio local de Bueu, Cangas e Moaña.