O Xamón da Cañiza triunfa en Xantar 2024

O Alcalde Luís Piña promoveu este produto local no Salón Internacional de Turismo Gastronómico en Ourense

A Cañiza | O Alcalde Luís Piña presentou e promocionou os activos gastronómicos da Cañiza este sábado, 26 de novembro, nun acto especial adicado á Feira do Xamón, no que tamén quixemos dar un espazo relevante a outros produtos da zona como a mel, o queixo, os caracois e os excelentes viños da Cañiza con denominación de orixe Rías Baixas.

Esta cita tamén nos permitiu difundir a nosa rede de sendeiros que percorre e vertebra todo o noso territorio: a PRG206 ruta de Fontefría, a PRG207 da Cidade Castrexa das Grades, a PRG272 do río Ribadil e a ruta de Luneda que se suman á ruta PRG165 das Fragas e Levadas do Calvo e Deva.

O Concello promocionou a gastronomía e o sendeirismo como os dous maiores activos catalizadores do turismo de proximidade. Neste sentido se pronunciou o Alcalde Luis Piña que destacou a presenza da Cañiza na cita ourensá por ser esta cidade e provincia, unha das que maior opoio ofrece á nosa gastronomía e territorio.

Nos podíamos faltar a “Xantar”.
Con estas palabras Luis Piña presentou este sábado a gastronomía da Cañiza, liderada polo xamón, xunto cos cocidos cañicenses que dende este luns e ata o 3 de novembro se promocionan en 10 establecementos do noso municipio.

Unha oferta que se completa cos excelentes viños da Cañiza. “Eido da Fonte”, “Abelán” e “Cavadas do Val”. Tres adegas da parroquia de Valeixe, pertencentes á D.O. Rías Baixas. Tamén deu a coñecer os queixos elaborados na Cañiza da casa «Castro Xaneiro» e a excelente mel dos apicultores Inocencio López, Antonio Sendín e Rogelio Rodríguez. A marca cañicense de caracois preparados “ComeCois” tamén participou no certame ourensá.

“Xamón, cocidos, queixo, mel, caracois e viño. Todo un menú que merece unha visita á Cañiza”. Así o manifestou o Alcalde Luis Piña na presentación que o sábado 26 preparou o Concello para todos os visitantes de “Xantar”.

A organización do certame felicitou á Cañiza polo éxito acadado na presentación gastronómica. A exquisitez dos produtos e a esmerada presentación dos mesmos, conseguiron que o stand da Cañiza fora un dos máis visitados de toda a Mostra.

Un éxito que o Alcalde Luis Piña atribuiu “á alta calidade dos produtos cañicenses e á profesionalidade dos nosos produtores e adegueiros.”