Ourense | O 12º Salón do Automóbil organizado entre Expourense e ACAUTO pechou as súas portas con datos de vendas e visitas inferiores á edición de 2019 pero que os organizadores dan por bos dada a conxuntura actual.
A paulatina recuperación da normalidade en canto a visitas a eventos e a complicada situación que atravesa o mercado do automóvil (crise semiconductores) conlevan que os ao redor de 300 coches vendidos e as máis de 7.000 visitas recibidas durante as dúas fin de semana sexan bos resultados e cumpran as expectativas de ambos os organizadores.
Trátase, por tanto, dunhas cifras positivas xa que nestes momentos as vendas de automóbiles en Ourense levan máis dun ano sufrindo descensos e este evento contribuíu á reactivación do sector, xa que os datos desta edición contribuirán a dinamizar as vendas para os resultados de fin de ano.
Aínda que as cifras de vendas desta 12ª edición son inferiores ás da edición 2019, hai que ter en conta que en xuño deste ano celebrouse a terceira edición do Car Outlet en Expourense, tamén organizada por ACAUTO, no que foron vendidos 150 coches máis.
O domingo día 10 concluía o 12º Salón do Vehículo de Ocasión no que era frecuente atoparse pola tarde en moitos coches o cartel de “Vendido” e é o que o público tivo a oportunidade de consultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mercado ourensán na maior exposición de coches km. 0, seminuevos e de ocasión e comparar opcións antes de elixir o coche que mellor se adaptase ás súas necesidades. En total, o salón ofrecía vehículos de 21 marcas e modelos que ofrecían as mellores condicións xa non só no prezo, senón tamén de financiamento, seguros (co “a todo risco” de agasallo en moitos casos), garantías (de ata 4 anos ou máis) e servizos engadidos.
Sorteo
Como incentivo para animar aos visitantes para axilizar o proceso de decisión, a organización volveu poñer en marcha o sorteo, entre os visitantes que pecharon a compra dun automóbil durante o salón, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido e que supón o desconto máis grande realizado en feiras deste tipo en Galicia.
ACAUTO realizará ante notario o sorteo do desconto de 6.000 euros entre as case 300 papeletas que cubriron os compradores. A entrega deste desconto realizarase estes días no concesionario que vendese o coche cuxo cupón resulte premiado.
A próxima cita en Expourense será xa nesta mesma fin de semana coa celebración, os días 15, 16 e 17 de outubro, da 5ª edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades. Esta feira compartirá protagonismo no recinto de Expourense coa exposición “Discovering Dinosaurs” que poderá visitarse sábado e domingo.