Gondomar | Este 15 de novembro co gallo da presentación do libro de Luís Álvarez Pousa, “Medios e políticos baixo sospeita 1990-2023”, de edicións Laiovento, o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), no marco dos Faladoiros do IEM, realizou un un debate sobre medios de comunicación e control da información, do estado da cuestión en Galicia e no Estado, e da deriva da información nas redes, onde a subxectividade e as falsidades, a falla de rigor e de profesionalidade, levan a unha visión das cousas moi afastada da reaalidade ou, o que é pior, da verdade.
O acto foi presentado por Xulián Maure e contou coa participación e moderación de David Reinero, xornalista de Praza Pública.
Luís A. Pousa é fundador e director durante case trinta anos, da revista TEMPOS NOVOS é a mellor presentación de Luís Álvarez Pousa. Promotor e xestor no mundo da cultura galega (cine, teatro, prensa, revistas), profesor de xornalismo na Universidade de Santiago, Director Xeral de Cultura no primeiro Goberno da Xunta de Galicia, despois de varias distincións este ano foi recoñecido co Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo.
David Reinero está recoñecido polos xornais onde traballa, Praza Publica e elDiario.es, como un rigoroso esperto no xornalismo de datos. Un dos seus traballos máis coñecidos foi o libro Angrois. O AVE en anacos polo que lle concederon o premio Xosé Aurelio Carracedo en 2014. Tamén recibiu hai tres anos Premio xornalístico Reimóndez Portela. Traballou en varios medios como El Pais, Xornal de Galicia, Atlántico Diario.