Santiago de Compostela | Cunha conferencia sobre “O Camiño de Santiago, esplendor e recoñecemento”, o xornalista galego, Luís Celeiro Álvarez, vicepresidente da Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) e académico de Número da Academia Xacobea, abrirá a edición deste ano do “Inverno Xacobeo” de Xaén, o venres 26 deste mes de xaneiro, ás sete da tarde, no Salón Mudéxar da cidade.
No programa inclúense dúas conferencias máis, os venres 3 e 9 de febreiro. Encárgase da organización, como nas edicións anteriores, a Asociación Xacobea de Xaén, presidida por Jacinto Fuentes, presidente tamén da Federación Andaluza de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.
A conferencia de Celeiro, experto no Camiño de Santiago e un dos promotores do Xacobeo 93, centrarase no renacer do Camiño de Santiago a partir dos anos setenta, do seu enorme esplendor e os grandes recoñecementos ao Camiño como motor para a dinamización económica e cultural dos lugares por onde pasa.
O día 2 de febreiro, participará neste Ciclo Ángel Urbina, Escritor, Peregrino e Hospitalero. A súa conferencia ten o título dunha cita existente no Albergue de Grañón (A Rioxa), “Deixa o que poidas ou toma o que necesites”.
A terceira e última conferencia do “Inverno Xacobeo” de Xaén, o 9 de febreiro, correrá a cargo de Francisco Durán Villa, profesor da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela e académico de Número da Academia Xacobea, quen falará do Pórtico da Gloria como meta do Camiño de Santiago.
Máis información en: https://jaenjacobea.es/invierno-jacobeo-de-jaen/
Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA)
periodistas.caminodesantiago@gmail.com