Salvaterra de Miño | Aproveitando o parón do Nadal e a cancelación temporal das actividades por mor da COVID, o Concello de Salvaterra de Miño puxo en marcha as obras de mellora no Pavillón Cándido Carrera.
O obxectivo da obra consiste en facer o pulimento da pista, así como a substitución das tarimas estragadas polo uso constante e pintar novamente as liñas que marcan as superficies regulamentarias de cada disciplina deportiva que ofrece a instalación.
É unha obra tan necesaria como urxente, xa que a/os nosa/os deportistas precisan dunha instalación adecuada para unha práctica segura e non se poden demorar para que non lles afecte nos seus adestramentos, tendo en conta tamén que á volta do Nadal os colexios e as ANPAS tamén retoman as súas actividades.
Por todo isto o parón será mínimo para que o día 10 de xaneiro cando comecen as clases, o pavillón presente un novo aspecto rexuvenecido e quede listo para cubrir as necesidades propias da/os deportistas.