Obras viais no Polígono da Granxa no Porriño

Actuarase nun tramo de 633 m grazas a un orzamento de máis de 114.000 euros

O Porriño | O Concello do Porriño xa comezou cos traballos para o acondicionamento de varios viais do parque empresarial da Granxa, concretamente na Casilla en Atios. O proxecto conta cun orzamento de máis de 114.000 euros, financiado ao abeiro dunha achega da Xunta de Galicia e con aportación municipal.

Estes viais atopábanse nun estado deficiente, sendo necesaria a rehabilitación do pavimento para garantir a seguridade de vehículos e peóns.

Para isto, acometerase a ampliación da calzada e dous regos. Actuarase nun tramo de 633 m, cunha anchura media de 6,1 cm. Ampliarase a plataforma en 651 m2 realizarase o bacheo de máis de 300 m2 e o fresado de máis de 2,1 km2 e por último estenderase unha nova capa de rodadura nunha superficie de 6,1 km2. Os traballos incluirán o rasanteo de 31 tapas de rexistro e rematarán coa renovación da sinalización horizontal.

No marco deste proxecto levouse a cabo unha exhaustiva revisión do sistema de abastecemento de auga contraincendios do PPI 6-2, que acusa o deterioro do paso do tempo, e unha vez detectadas as incidencias procederase a resolvelas para adecualo á normativa vixente. Esta instalación componse dun depósito a cota superficial e dúas bombas principais encargadas de subministrar o caudal de auga necesaria. O grupo conta tamén cunha bomba auxiliar que mantén presurizada a instalación.