O Covelo | Organizada polo Concello de Covelo, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o GDR Condado Paradanta, dentro da programación cultural estable que se ofrece ao longo do ano no concello, esta fin de semana trinta persoas poderán gozar do roteiro guiado e observación estelar no alto do Castelo do Faro. Esta proposta, ademais, está deseñada dentro da estratexia de promoción turística que o goberno de Covelo desenvolve tanto en tempada alta como baixa.
Mañá sábado ás 17:30 horas partirán da igrexa de Prado as e os participantes nesta actividade para subir ao miradoiro paisaxístico do Faro, o punto geodésico máis alto de Pontevedra con 1.154m de altitude situado na parroquia de Prado. De once da noite a dúas da madrugada observarán o firmamento da man da Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía.
A seguinte oportunidade para participar nesta actividade de interpretación astronómica será o sábado 1 outubro. As persoas interesadas deberán contactar nos números de teléfono 622 676 355 / 986 65 00 27.
A concelleira de Turismo, Lourdes Enes, explica que son ocasións únicas nas que aprender ao aire libre da man de expertos, gozar dunha actividade saúdable nunha contorna natural e confraternizar co resto das e dos participantes.