Oia | O Concello de Oia quere expresar o seu pesar polo recente pasamento de Alfonso Álvarez Cáccamo, escritor, profesor e destacado referente cultural que elixiu o noso municipio como lugar de residencia.
A obra literaria de Álvarez Cáccamo reflicte o seu compromiso coa lingua e a cultura galega, así como a súa sensibilidade, o seu especial humor e o seu talento.
A súa traxectoria vital e profesional son un exemplo de dedicación, xenerosidade e paixón pola cultura.
Desde o Concello de Oia queremos trasladar o noso máis sentido pésame á súa familia e amizades, así como a nosa gratitude polo legado de deixa. Descanse en paz.