Ourense | Emilio González Afonso mantén aberta na sala de exposicióens do Liceo de Ourense unha mostra de óleo e acuarela, ata o día trinta de decembro. González Afonso naceu en 1954 en Verín, localidade ourensá na que foi alcalde.
Desde moi xove foi atraído polo debuxo maila pintura. Médico de profesión, compatibilizou a mediciña coas súas primeiras prácticas artísticas da man de Leonardo Vidal nos anos 90 durante un tempo na Escola de Pintura de Verín.
Desde aquela continuou un camiño autodidacta, pintando ao óleo, sin deixar a perspectiva da mediciña e o seu posterior cargo de subdelegado do Goberno en Ourense. Nos últimos años descubríu a acuarela e comezou un camiño paralelo co óleo que culminou con esta miscelánea de pinceladas no Liceo ourensá. A mostra pódese visitar de 10.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.