Na edición de NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO deste mes de xuño ofrecinlles o capítulo III desta serie de reflexións que me deu por denominar “Ordenando a miña alacena”. Faleilles duns libros que se veñen distribuindo nos colexios da Camunidade de Castela e León animando aos nenos/as a “meterse de cheo no eido da economía”.
Como teño o meu cesto de cereixas acugulado polos últimos acontecementos sociais e políticos que vivimos vou dar remate a esta “perla” informativa que nos ofrece eldiario.es. Haberá que poñerse a traballar coas cousas do novo gobernos, non lles parece?
Imos lá, como dirian os amigos do Val Miñor.
Os devanditos libros non fan máis ca fomentar a educación privada e o traballo infantil. Isto, en principio, ata podería ser aceptable senon fora porque o fan dende unha perspectiva puramente económica, sen ter en conta ningunha outra consideración en canto aos valores que nos centros educativos deben estar presentes: a solidariedade, o respecto polos demáis, a idea de que os bens materiais deben servir para que todos, ricos e pobres (no suposto de que sexa estrictamente obrigado aceptar esta división do mundo) desenvolvan os seus proxectos vitais en harmonia sen enfrontamentos pola riqueza, polos bens materiais, etc.
Tratar de estimular aos nenos/as para que se adentren no “mundo dos negocos2 non é, pensamos unha aceptable práctica educativa. Cousas como “ en paises como EEUU o Alemania niños coma ti xa teñen o seu pequeño traballo; ademáis durante as vacacións e no seu tempo libre lavan os coches dos veciños, pasean cans, cuidan a outros nenos/as máis pequenos, etc. a cambio de cartos que moitos deciden aforrar”, ou “cres que aos nenos/as da túa idade lles interesa a economía e as finanzas?”.
Que hai que traballar dende pequenos porqwue é unha maneira de aforrar, de invertir incluso para poder estudiar nun bo colexio ou universidade.
Estamos preparando espertos en finanzas, traballadores especializados no mundo da banca. Animanlles a aforrar e invertir porque poden chegar a ser donos de empresas como Apple, Coca Cola ou Valt Disney; están, non só alentando o traballo infantil, tamén están guiandoos políticamente.
O libro foi prologado polo Conselleiro Fernando Rey e na paxina web da autora Maria Jesús soto están as cartas de agradecemento da Cas Real, do Papa Benedicto XVI, do que foi presidente do Banco Popular, angel Ron ou da sua Alteza Real don Luis Alfonso de Borbón e súa dona Margarita Vargas. Tamén tivo o aplauso do que fora Xefe do Gabinete de Presidencia en 2013, Jorge Moragas.
Adentrase descaradamente no mundo político tratando de explicarlles en que consiste o populismo, agora tan de moda: “este término, din no libro, utilizase en contextos políticos, económicos e cultrurais…Non é unha ideoloxía, senon un estilo de facer política normalmente baseado en mensaxzes baleiros de contido, criterio e consecuencias. Unha corrente que busca atraer as masas desconttentas, poñéndose en contra das elites políticas, económicas ou culturais establecidas
Acaso, pregúntase no libro, outras tendencias non buscan o ben das diferentes clases sociais? Débese estar en contra do establecido pensando que, por sistema, é malo? Será mellor o que está por chegar? Pensa se os paises gobernados por populismo tivferon en conta o benestar do seu pobo e a mellora do seu nivel de vida. Como ven todo un manuel de entrenamento para futuros dirixentes políticos.
Finalmente digamos que a autora destes libros, Maria Jesús Soto, posue unha longa traxectoria profesional no mundo financieiro, de máis de 25 anos. Durante 10 anos socia fundadora de AB asesores en León, e durante catro anos como Vice Presidenta de Morgan Stanley, lidrando proxectos de intercambio comercial e relacións públicas entre EE UU e España, colaborando con membros da comunidade hispana dos EEUU, así como con represen tantes do Goberno americano e español.
Durante 10 anos traballou como axente financieiro para a prestixiosa empresa Inversis Banco como Socia Directora da oficina de León. Ademais dirixe dende 2010 om portal de información financieira, elinversorinquieto.es. Ven de ser nomeada membro do Consello social da Universidade de León, formando parte da Comisión Económica e financieira.
Como ben, toda unha xoia no eido da pedagoxia e didáctica escolar, que é, precisamente, o que se lle debe pedir a unha persoa que escriba libros dedicados aos nosos estudantes.
E para ir rematando, anunciarlles que en próximas entregas falaremos de vagar dos últimos acontecementos políticos que foron e seguen a ser sonados. Un presidente do Goberno que nun brevisimo espazo de tempo viuse nunha situación inesperada: a Audiencia Nacional dicta unha sentencia que o pilla de cheo, a el e ao seu partido. Como causa desta situación o lider socialista, polo que ninguén daba un duro dos de antes , preséntalle unha moción de censura e, contra todo prognóstico, ganóulla.
Ai temos, asi de pronto, a todo un goberno popular no paro; a un novo Presidente que dias antes non soñara que tiña a Moncloa a tiro. Un novo equipo de ministros que causaron admiración e que apenas nunha semana un deles xa tivo que dimitir. Non lle deixaron quentar a cadeira. A Facenda meteuse polo medio e lembroulle que anos atrás non se portara ben con ela. Esta señora é despiadada. Pedro Sánchez, o novo Presidente do Goberno, estaba despedindo ao novo ministro collido nas patacas e xa tiña outro no peto. Este, a dicir dos circulos informados, é un pata negra. Esperemos que a Facenda non lle lembre algunha cousiña por aí.
Pero destas e doutras cousas que veñen ocorrendo ultimamente, falaramos na próxima entrega. Polo de hoxe, sexan felices.