“Os de sempre”.

“Quenes se manifestan nas rúas galegas, son os de sempre”.

Alfonso Rueda: en política desde fai 32 anos, elexido líder de NNGG do PP, en 1993.

O Partido Popular leva gobernando Galiza dende fai 16 anos. E, menos 4, tódolos anos anteriores á instauración da democracia. As competencias en materia sanitaria as ten o país, dende o minuto un. A posibilidade de resolver os problemas sanitarios son competencia directa de persoas que teñen a capacidade competencial e os recursos (este ano 2025: 14.000 millóns de euros). Rueda, que leva en política dende fai 32 anos (foi presidente de NNGG no ano 1993) sustituíu a Feijoo que leva en política dende que ten uso de razón…As responsabilidades son evidentes, de quenes teñen a Sanidade Pública moi mellorable, que non dá resposta ós múltiples problemas sanitarios que temos… e que ten a cara dura de chamarnos “os de sempre”… é impresentable! Mentras tanto, pasan os anos e sigue a falta de recursos materiais e humanos…e a poboación, sin atender.

Os de sempre son aqueles que permiten que os teitos de consultas do Hospital de Ourense, cáian en pedazos pola rotura dunha tubería, inundando toda a zoa.

Os de sempre son aqueles que eliminan, tamén en Ourense, a Unidade de COVID Persistente, necesaria para atender a pacientes desprotexidos das secuelas da Pandemia.

Os de sempre son aqueles que non encontran profesionais para suplir ós que se van de vacacións ou están de baixa, por non prever (e tempo e recursos tiveron) que iso se produce todolos anos. Que non teñen en conta as xubilacións previamente anunciadas e permiten que as consultas estén masificadas e as listas de agarda medren a cifras insoportables para os enfermos. Son, os que non atenden a posibilidade de cubrir as prazas vacantes, provocando o deterioro do Sistema Sanitario Público, cando están cobrando para resolver estos problemas.

“Os de sempre son aqueles que modifican dúas veces a Lei Galega de Saúde para eliminar Áreas Sanitaria”

Os de sempre son aqueles que modifican dúas veces a Lei Galega de Saúde para eliminar Áreas Sanitarias, retirar as Xerencias de Atención Primaria e evitar que funcione a Participación Cidadá na toma de decisións que lles compete, por non poñer en marcha o Consello de Sáúde de Galiza e os Consellos de Saúde de Área Sanitaria.

Os de sempre son aqueles que pensan que están na barra dun bar e din “Os maiores manexan a ‘app’ do Sergas que te cagas” (conselleiro de sanidade dixit) e que: “cara ás voces que dín que a xente maior non entende de tecnoloxía: e unha merda”. Que nivel!

Os de sempre son aqueles que permiten que profesionais das Residencias de Maiores, consideren “un fracaso”o modelo actual da Xunta do PP na atención a dependencia. Eles e elas, son responsables de que unha de cada dez prazas das Residencias, esté baixo a mercantilización de entidades privadas, e que dende o ano 2009 non se construíra unha soa Residencia de Maiores e as que lle doan… as revirte a entidades privadas…

Os de sempre son tamén responsables de que oito queixas diarias por motivos sanitarios, se presentan ante a Valedora do Pobo…diarias! E de que o ínclito Ramón Ares, xerente da Área Sanitaria de Lugo, diga que “o que pasa é que os médicos non queren traballar no Hospital Comarcal de Burela”: o que non dí é o porque? Inestabilidade laboral, falta de medios, soldo precario, etc.

Os de sempre son aqueles que de forma continuada, benefician con contratos públicos os seus familiares e o seu entorno: Feijoo beneficiou a súa irmá, con contratos en Eulen, a súa parella con Sargadelos, o seu cuñado con Universal Support…O sr. Rueda, ocultando os 1.100 Contratos Menores e de Emerxencia, por valor de 7 millóns de euros (como denunciou Público)…e que dicir de Ayuso: a seu pai, o socio da súa nai, o seu novio o seu irmá… é deplorable que xente que vive da Pública dende fai tantísimos anos, beneficie de forma continuada o seu entorno e que estas prácticas non teñan un reflexo inmediato nas fiscalías e por suposto nas eleccións.

O uso privilexiado do poder político, feito por “profesionais” que teñen como obxectivo darlle prevendas á privada e que o “Sistema” o permita, ten que terminar… e a cidadanía ten que ser responsable e apartar da política “os de sempre”!

Xosé Mª Dios Diz. Médico especialista de AP de Outes.

Dr. en Medicina. Máster en Xeriatría. Licenciado en Medicina Xeriátrica. Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.