Os Faladoiros Vigo comezan a súa segunda tempada 2021-22

Con tres sesións semanais, gratuítas e modalidades online e presencial
Un dos faladoiros realizados en Vigo pola Asociación.

Vigo | Os Faladoiros Vigo comezan a súa segunda tempada 2021-2022 con tres sesións semanais en modalidade online e presencial completamente gratuítos. Este 22 de setembro comezan as súas sesións en modalidade presencial no Café De Catro a Catro (rúa Xirona, 16) a partir das 20:00 horas.

Qué é a Asociación Faladoiros Vigo?
É unha asociación que ofrece sesións de conversa en galego.

Qué so os Faladoiros?
Consiste na reunión en pequenos grupos de conversa en lingua galega. Estes
grupos serán compostos por xente que se expresa habitualmente en galego
(voluntarios da propia organización) con outra que por calquera motivo non o fai
habitualmente e carece espazos de práctica na súa contorna habitual (os
participantes). Mediante unha relación cordial, intentarase crear un ambiente no
que poidan comunicarse con fluidez e adquirir o costume de falar en galego.

Obxectivos:
● Dotar dun espazo de práctica e expresión en lingua galega a quen o precisar
por distintas circunstancias persoais.
● Contribuír ao desenvolvemento da competencia oral en lingua galega das
persoas asistentes.
● Favorecer a súa autoconfianza á hora de empregaren o galego en calquera
ámbito da súa vida diaria.
● Fomentar o uso social da lingua galega.
● Contribuír á normalización da lingua galega.

Desde o noso comezo hai xustamente un ano xa levamos ás costas máis de 100
horas de conversa en galego entre ambas as modalidades presencial e virtual e
conseguimos crear toda unha comunidade de voluntarias e voluntarios de máis de
30 persoas que nos coordinamos para atender as sesións de conversa por quendas.

Estas constitúen un espazo de diálogo que integra persoas de distintas
sensibilidades e procedencias onde buscamos favorecer a vinculación afectiva coa
nosa lingua.

FALADOIROS Vigo 2021-22:
Online: Martes e Xoves en Plataforma online
Presencial: Mércores no Café de Catro a Catro (Rúa Girona 16, Vigo)

● Actividade totalmente gratuíta.
● Inscricións abertas.
● Comezo das sesións: 21-22-23 de setembro
● Para participar, escribir un correo a: faladoirosgalego@gmail.com

Propietario da foto: eleconomista.es