“Os gobernos centrais non coñecen o funcionamento da vida social, laboral e económica da fronteira”

Antonio Lomba | Alcalde da Guarda

O Concello da Guarda é un dos mais afectados pola recente decisión dos gobernos portugués e español de pechar a fronteira entre Galicia e Norte de Portugal por mor da terceira ola da pandemia. O seu alcalde, Antonio Lomba (PSdeG) respondeu ás nosas preguntas sobre os efectos destas medidas.

Como afecta o recente peche da fronteira en canto ás relacións económicas e a mobilidade laboral?
Respecto a mobilidade laboral, implica un grave prexuizo para todas as persoas que traballan en Portugal, que teñen qu desprazarse a zona de Cerveira e máis ao sul. Para un traballador que teña o seu posto de traballo en Cerveira pode implicar arredor de 60 km máis diarios. Evidentemente, percorrer unha maior distancia e aumentar o tempo de viaxe ten unha repercusión inmediata na economía dos traballadores que, na súa maioría, teñen uns salarios baixos. A parte da repercusión económica directa sobre os traballadores, o comercio dos dous lados da raia está sufrindo as consecuencias económicas do peche da fronteira. O caso da hostelería, que ten moita interdependencia aos dous lados da fronteira, nesta ocasión, ao estar coas medidas restrictivas non lle repercute o peche.

Como afecta este peche en canto á posibilidade de cooperación sanitaria, tomando en conta que moitos cidadáns viven e traballan pasando a fronteira?
Os traballadores sanitarios teñen, como os demais, máis dificultades para chegar ao seu posto de traballo. Penso que isto pode repercutir en que traballan con máis cansancio acumulado e máis estres.

Considera que estas medidas son efectivas para paliar os efectos de contaxios da COVID-19?
Non.

Considera Vde. que tanto os gobernos español coma o portugués non se toman moi en serio a existencia das novas institucións constituídas ao longo do río Miño nas que Vde. está representado?
Penso que os gobernos centrais non coñecen o funcionamento da vida social, laboral e económica da fronteira. Se así fose, non tomarían este tipo de decisións. Se lle deran a importancia que ten ao fluxo de persoas na fronteira deixarían habilitados todos os pasos fronteirizos de certa importancia habilitando vixiancia neles.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.