Ponteareas | A concellería de Cultura entrega os premios dos III Xogos Florais. O xurado do concurso de poesía “III Xogos Florais de Ponteareas” formado por Hortensia Bautista Fernández, concelleira de Cultura e Lecer, Normalización Lingüística e Turismo do Concello de Ponteareas en quen delegou o Alcalde, Roi Vidal Ponte, Marta Dacosta Alonso, Diego García Represas e Manrique Fernández Váquez, e como secretaria Sofía Rodríguez Suárez traballadora da Biblioteca Municipal, avaliou os trinta e un traballos presentados na categoría, os catro da categoría xuvenil e os nove da categoría adultos.
Tra-la lectura dos poemas presentados, os membros do xurado coinciden en valorar o bo nivel medio dos participantes de despois das deliberacións oportunas deciden conceder os seguintes premios:
Categoría infantil:
• “Os meus gatiños” presentado baixo o pseudónimo de CANELA. Unha vez aberto o sobre corresponde a Mª Cayetena Herrero Iglesias.
• “Carta de amor” presentado baixo o psudónimo de A PEQUENA ROSA NEGRA. Unha vez aberto o sobre corresponde a Valeria Estévez López .
• “Ponteareas” presentado baixo o pseudónimo de CURIOSOMARABILLOSO. Unha vez aberto o sobre corresponde a Anxo Fernández Cambra.
Categoría Xuvenil:
• “Desgaste” presentado baixo o pseudónimo de MOONCHILD. O poema corresponde a Giovanna Carvalho Carneiro.
• “Princesas” presentado baixo o pseudónimo de TOKIO 011. O poema corresponde a Sara Seijo Vila.
• “Aquela mente” presentado baixo o pseudónimo de AIKO KOKORO. O poema corresponde a Gala González García.
Categoría Adulto:
• “Un home común” presentado baixo o pseudónimo de GALA PEREIRO. O poema corresponde a Fátima Domínguez Silva.
• “Queima” presentado baixo o pseudónimo de CÉFIRO. O poema corresponde a Pilar Alonso Suárez.
• “Vida estelar” presentado baixo o pseudónimo de HUMIA. O poema corresponde a Carla Leándrez Dosantos.
A concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, felicita ás gañadoras e agradece aos parti-cipantes a boa calidade do traballo animándoos a seguir escribindo e creando pezas lite-rarias fermosas, comprometidas e singulares. Os traballos premiados serán publicados nunha edición conxunta.