Os membros da Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes e Subordinadas manteñen unha reunión co Alcalde de Salceda de Caselas


Salceda de Caselas | O pasado xoves 7, 40 persoas pertencentes á Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes e Subordinadas do Condado, Louriña e Paradanta reuníronse co Alcalde Marcos David Besada Pérez co obxeto de solicitar a colaboración ao Concello de Salceda de Caselas, para introducir unha moción na orde do día do pleno que se vai a ter lugar o venres 22 de febreiro ás 20 h.
Na moción prantexada dende a Plataforma, se solicita que o Pleno inste á Xunta e ao Goberno do Estado a Devolución íntegra dos aforros aos afectados, sen verse perxudicados pola aplicación da “QUITA”, coeficiente reductor que se aplica ao investimento inicial desembolsado polo aforrador, así coma a anulación do cobro das taxas xudiciais para aquelas persoas que recurran pola vía xudicial..
O Concello de Salceda de Caselas ten agora mesmo 188 queixas formulada contra a entidade Novagalicia banco no Instituto Galego de Consumo, estas queixas foron formuladas por parte de particulares, dos cais 70 tramítaronse directamente dende o Servizo da OMIC de Salceda. Dos 188 expedientes só 44 foron resoltos mediante o Servizo de Arbitraxe.
Os membros da Plataforma incidiron as súas queixas no descoñecemento dos criterios de devolución aos particulares damnificados, nos que nalgúns casos foron reintegrados a totalidade do investimento inicial realizado e outros so unha parte. Ademáis se descoñecen os criterios de selección dos damnificados á hora de ser chamados ante o Servizo de Arbitraxe, xa que moitos que presentaron a súa reclamación e están agardando a ser chamados.
Os membros da Plataforma pediron tamén a colaboración do Concello para que NovaGalicia banco esclarexase ás persoas que están suxeitas a estos productos tóxicos, e que todavía descoñecen a súa vinculación, é de vital importancia que a sucursal bancaria avise a todas as persoas que pensan que teñen os seus aforros nun prazo fixo e que realmente, son víctimas destes productos tóxicos.
O Goberno de Salceda de Caselas xa levou a Pleno unha moción que foi aproba no Pleno celebrado o 27 de Marzo do 2012, onde se Instaba á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado a reembolsar ao afectado do capital investido en Participacións Preferentes ou Subordinadas, esixindo unha inspección sobre os responsables executivos que impulsaron o fraude masivo aos pequenos inversores.
Marcos David Besada Pérez, Alcalde de Salceda de Caselas, asegurou que “é moi importante que todos os cidadáns sexan tratados por igual e que se lles devolva a todos e todas a contía que inicialmente investiron, sen aplicar a quita ás novas persoas que se van a someter ao proceso de Arbitraxe. Esixindo ante todo transparecia no procesoda Arbitraxe”. Engade ademáis que “É unha vergoña que o proceso de arbitraxe, estivese atendendo nos meses previos ás eleccións arredor de 400 persoas diarias, e que agora a media diaria de persoas atendidas chegue a ser de 4 persoas”.
O Concello de Salceda de Caselas tentará axudar aos damnificados na medida das súas posibilidades, e facilitará canles de información para aquelas persoas que a demanden no Concello, así como convida a participar aos veciños e veciñas de Salceda na Manifestación que terá lugar o 23 de Febreiro en Santiago de Compostela”.