Santiago de Compostela | Don Gaiferos polos Camiños para Compostela é un proxecto que forma parte do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia e que conta tamén coa colaboración da Deputación de Coruña e que inclúe unha serie de actividades como como son as representacións a cargo da compañía Os Monicreques de Kukas, da nova versión da obra de teatro con marionetas Os Gaiferos, que conta cunha axuda á produción de AGADIC, a edición dun cómic baseado na mesma figura e unha exposición na que se amosan deseos orixinais, carteis, marionetas e decorados da versión da obra de 1992, así como deseños orixinais das páxinas de cómic.
Todas estas actividades teñen de a Don Gaiferos de Mormaltán, protagonista do romance popular e ao Pórtico da Gloria como símbolos representativos da peregrinación xacobea.
En Santiago de Compostela, Os Monicreques de Kukas estrean o xoves 4 de marzo, ás 20.00 horas no Teatro Principal, a obra para todos os públicos Don Gaiferos, de Marcelino de Santiago (Kukas), interpretada con marionetas de fíos polo propio Kukas, Borxa Insua, Ero Vázquez, Marián González e Isabel G. Cordeira e música en directo a cargo do dúo Caamaño & Ameixeiras e con iluminación de Miguel Cabaleiro baixo a dirección de Isabel Rey Pousada e Kukas, e da que farán novas o venres 5 e sábado 6 de marzo ás 18.30 horas.
A exposición inaugurada o pasado 20 de febreiro no Museo das Peregrinacións estará aberta ao público ata o 14 de marzo.
A continuación xirarán por varias localidades galegas como Santa Comba, Ames, Teo, Narón, Lugo, Cambados, O Barco de Valdeorras, Ourense e Vilalba.