Tui/Caminha | A Cámara Municipal de Caminha e o Concello de A Guarda vai promover no dia 28 de xaneiro, ás 11:30h. (españolas), unha reunión de presentación do proxecto “O Miño que nos une”. O propósito é propor a futura navegabilidade do rio Miño, de Caminha/A Guarda a Melgaço/Crecente.
Na reunión deberán estar presentes os representantes de todos os municipios bañados polo Miño, como tamén as demais entidades públicas e privadas que poidan contribuir para a dinamización e valorización do río. Do encontro, deberá surxir un compromiso entre todos os parceiros e constituír un grupo de traballo.
O proxecto é ambicioso e tamén ten o propósito de servir ás xeracións futuras. Pretende provomer a navegabilidade do Miño, permitindo o coñecemento do río e das súas marxes e facendo do mesmo modo un polo de atracción turística e unha fonte de riqueza para a rexión.
O Miño é un río internacional que nace na Serra da Meira, en Galicia, á 750 metros de altitude. Percorre 300km ata a súa desembocadura e constitúe 75km de fronteira entre Portugal e España desde Melgaço/Crecente ata Caminha/A Guarda.