300 galegos pasaron por un dos peores campos de concentración do réxime nazi; o de Mathausen. Alí viviron en rexime de esclavitude canda outros 7.200 camaradas republicanos. Así o conta Enrique Barrera.
Por Xurxo Salgado
Enrique Barrera, historiador e presidente e secretario de Memoria Histótica Democrática, é un dos principais estudiosos do horror que sufriron os galegos que pasaron polos campos de traballo nazis, especialmente, o de Mathausen, onde só pouco de 2.000 sairon con vida.
A súa vida diaria estaba chega de traballo e castigos. Só os “prominentem” gozaban de certos privilexios e eran eles os que axudaban aos seus compañeiros. Así hai casos, como o de Víctor Ares, que comía mondas de patacas extras grazas a unha medio moza alemá que tiña a escondidas, ou a Juan José Casal que foi salvado por un kapo xudeo, ou marcelino Pardal que, por ter xogado no Racing de Ferrol, foi incluído no equipo de futbol do campo.
Precisamente, co gallo da conmemoración anual, este 27 de xaneiro, do Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto, a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI organiza en Vigo a exposición “Galegos en Mauthausen” que estará aberta ao público desde ate o 31 de xaneiro na sala de actos e exposicións da Casa do Libro en Vigo. Esta mesma mostra, impulsada pola asociación Memoria Histórica Democrática, xa estivo antes noutras partes do país.
Levas anos investigando sobre os galegos que estiveron no campo de concentración de Mathausen. Como foi este longo traballo?
Aproximadamente seis anos, no meu tempo libre.
E a que se tiveron que enfrontar os presos galegos durante os seus anos de cativerio?
Stalag é a abreviatura de Stammlager (campo de internamento), pero realmente eran campos de exterminio. Nalghuns como Majdanek, Ttreblinka ou Auschwitz, exterminaban aos presos case o mesmo dia da súa chegada, pero outros, como Mauthausen, os presos eran traballadores escravos destinados a morrer por desnutrición.
Cantos tes localizados que estiveron alí?
Temos unha lista oficial, pero con moitos erros. Tiven que facer moito traballo de investigación nos arquivos municipais (censos) e tamén percorrendo as aldeas. Aproximadamente houbo 7.200 españois en Mauthausen e uns 1.000 noutros stalags. Galegos, uns 300.
E cantos teñen sobrevivido?
Dos vintedeous veciños de Ferrolterra, Eume e Ortegal sobreviviron once, unha porcentaxe moi, moi elevada, porque deses 7.200 de españois que estiveron en Mathausen, morreron 5.000.
Como acabaron naquel inferno?
Case todos alistaronse no exército francés asinando un contrato “ata que a guerra remate”. Para o goberno colaboracionista do Mariscal Petain, a guerra rematou no verán do ano 40, coa rendición e o pacto de colaboración con Hitler. Polo tanto, estes presos perderon a protección do estado francés. O goberno de Hitler mantivo varias xuntanzas co español e ofreceu devolver estes presos a España pero a postura do goberno español foi que non se querían facer cargo deles.
Entón, o goberno alemán dixo que ían ser destinados ao Stalag de Mauthausen e como o goberno de Franco estaba dacordo coa medida, solicitaron que previamente perdesen a nacionalidade española. Franco aceptou e foron declarados apátridas.
Ti que estudiaches cada un dos casos, poderías reproducir a vida diaria dun preso neste campo?
Os presos de Mauthausen traballaban duramente na canteira que estaba no mesmo campo e nas empresas dos arredores. A ración alimenticia era claramente insuficinte e entraban nun proceso de desnutrición a partir do terceiro mes. Cando os nazis comprobaban que xa non estaban en condicións de traballar, matabanos, xeralmente cunha inxección de gasolina no corazón. Algúns presos, eran coelliños en experimentos médicos.
E como eran capaces de sobrevivir nesas condicións?
Coas racións alimenticias “oficiais” morrerían todos, pero “baixo corda” recibían algunha comida (aínda que esta prohibido) cando saían traballar ás empresas dos arredores. Non todos os alemáns eran nazis.
Habia dous presos (Marcelino Pardal e Antonio Cendán) que eran futbolistas e por iso convirteronse en “prominentem”, é dicir, presos con habilidades especiais que recibían mellor trato. Tamén había boxeadores, fotógrafos, artistas, xente con especiais habilidades laborais que proporcionaban importantes beneficios económicos aos gardas nazis das SS. Os prominenten eran moi importantes, porque dispuñan de maior cantidade de comida e a desviaban a prol dos demais presos, axudando a sua supervivencia.
E foron xulgados algúns dos verdugos destes republicanos?
O xefe do campo nazi morreu cando tentaba fuxir dos americanos. En xeral, a meirande parte dos nazis non foron xulgados e boa parte dos alemáns castigados non eran nazis. Son moi crítico coa maneira que fixeron a desnazificación. Respedcto dos responsable españois, no foron xulgados e o principal responsable, o ministro de AA.EE., Ramón Serrano Suñer. Morreu tranquilamente na cama.
Supoño que falar desas experiencias é moi duro. Tiveches oportunidade de conversar con algún deles?
Non.Todos morreron. Os superviventes e sobre todo os dscendentes teñen unha asociación (Amicale de Mauthausen). Outras asociacións, como Fuco Buxán e a Asociación da Memoria Histórica Democrática (Ferrol), procuramos facer o que podemos a través de actividades como esta.
E, xa na actualidade, mantemos hoxe a memoria do que aconteceu?
Hai un negacionismo da dereita española herdeira do Franquismo sobre que aconteceu en España. Sobre o Holocausto, a súa postura non era negacionista, porque entendían que iso era unha responsabilidade exclusiva de Hitler e dos nazis, pero cando aparecen as responsabilidades do franquismo, están incómodos e desconcertados.
Eu lembro daquel campo os crematorios e as famosas escadas da morte, e, sobre todo, esa sensación de vacío que o enche todo.E para ti, que significa Mathausen?
Non estiven en Mauthausen, pero si no stalag de Schassenhausen. Cando pasei a porta, recibin un impacto moi forte, coma se o espíritu do mal me invadira. Pero os nazis non estaban tolos nin eran personas incultas. É precisamente o grave. Foron persoas “normais” e por iso, se pasou, pode volver pasar. Non me refiro a estes campos de exterminio con cámaras de gas e incineradoras, pero si a políticas xenófobas.