O Goberno de Salceda mostra a súa preocupación no funcionamento das traídas de auga implícandose no seu correcto funcionamento. Por iso está a promover diferentes reunións coas directivas que forman parte das diferentes traídas presentes nas sete parroquias que integran o Concello.
Este martes 24 de Xaneiro a Asociación para a Comunidade Xeral de Augas de Galicia “Coxapo” reuniuse cos presidentes e secretarios das traídas de auga do Concello de Salceda, na Casa da Cultura, coa fin de manter informados aos asistentes acerca do RD 140/2003, que recolle a integración da lei con respeito ao canon de auga e así proceder ao cálculo da mesma que depende do caudal consumido e do número de persoas que se abastecer do servizo.
Esta asociación ten entre os seus obxectivos o asesoramento das traídas para resolver conflictos que normalmente ou exepcionalmente existen neste tipo de comunidades.
Rafael Carrera Díaz, presidente da asociación incidiu, ante un aforo de 50 persoas, na importancia da colocación dos contedores de lectura para facilitar a correcta lectura do consumo de cada beneficiario; dos protocolos sanitarios que debe de pasar cada comunidade e cómo actuar en caso de alarma; de contar coa figura dun xulgado dentros da traída para poder solucionar posibles conflictos; e sobre todo incidiu no seguro de responsabilidade civil, do cal prescinden gran parte das comunidades, pero que é vital importancia contar con el por posibles problemas que se poidan ocasionar ás persoas que se encargan do mantemento das instalacións.
Salceda de Caselas conta actualmente con 15 traídas de augas xestionadas por entes privadas que se distribuen polas parroquias que integran a vila, contando algunhas das parroquias con varias traídas, polo que a súa xestión é de vital importancia, para que cada beneficiado faga un uso axeitado da mesma.
Cándido Lorenzo Concelleiro de Medio Ambiene resalta que “é moi importante que os veciños e veciñas que forman parte da rede de abastecemento das traídas de augas, teñan coñecemento e precaución no manexo das mesmas, para que todos podamos ter acceso a un ben esencial como é a auga”.
Loli Castiñeira, Concelleira responsable da área de Sanidade, di que “todos temos dereito a ter un servizo que nos garanta a calidade da auga para o consumo, por iso é moi importante incidir no seu estado sanitario”.