Os Reis Magos cabalgaron vencendo ás inclemencias climáticas

A tradicional Cabalgata de Reis tivo que adaptarse a cambios de axenda

Ponteareas | Dende Ponteareas ata Gondomar, os Concellos do Condado-Paradanta, Louriña, Baixo Miño e Val Miñor fixeron gala da tradicional Cabalgata de Reis Magos, celebradas entre os días 4 e 6 de xaneiro reaxustando as súas axendas e itinerarios debido ás inclemencias meteorolóxicas para manter viva a tradición e a ledicia da cativada.

Se ben debeu suspenderse a Cabalgata Internacional na Eurocidade Tui-Valença, as Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron aos nenos e nenas o domingo 5 no Teatro Municipal de Tui.

Mos adiantou a súa Cabalgata para o sábado 4 con mil quilos de caramelos na Avenida de Sanguiñeda. O desfile contou con 8 carrozas: 5 de asociacións mosenses e 3 dos Reis Magos de Oriente así como animación a cargo de Barafunda, espectáculos, música, Belén Vivinte, agasallos, caramelos e rondallas.

Oia, Ponteareas, A Cañiza, e Nigrán adiantaron a Cabalgata dos Reis para o sábado 4 de xaneiro. Baiona, Arbo, Salceda e Gondomar mantiveron as súas Cabalgatas para o domingo 5. O Covelo fíxoo o luns 6, Día de Reis.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.