Salceda de Caselas/PSdeG | Marina Cabaleiro, tenente alcalde e portavoz socialista no Concello de Salceda, arroupada por membros da súa executiva, afiliados e veciños, concentráronse o pasado xoves en contra da reforma local.
Nun acto en resposta o chamamento que fixo o PsdeG para o día 12 do 12 ás 12:00 horas en contra da reforma local.
A pesar de ter lugar nunha hora intempestiva, sumáronse a este acto para manifestarlle ó goberno do Partido Popular a súa repulsa o desmantelamento da administración local.
A portavoz socialista, Marina Cabaleiro “opoñémonos a unha lei que só pretende retirar competencias á administración local, a que está máis cerca dos cidadáns, en temas tan fundamentais como as políticas sociais e outros servizos fundamentais para o benestar dos veciños e veciñas”.