Salceda de Caselas | A executiva do PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas, concede o seu apoio expreso a Luis Piña, exsecretario de organización Provincial.
A Agrupación elexiu por unanimidade a Verónica Tourón como delegada para o Congreso Provincial na Asamblea Extraordinaria celebrada o pasado 23 de maio e despois de varias reunións para valorar as posibles candidaturas á Secretaria Provincial, a executiva da Agrupación Socialista de Salceda tomou esta decisión.
Prestan o seu apoio ó Deputado Autonómico, considerando que é a persoa máis idónea para desempeñar este cargo, “polo coñecemento da provincia e porque os seus proxectos responden a demanda da nosa agrupación, e estamos convencidos que a de moitas outras”.