Vigo | O Startup Day de VíaGalicia, a aceleradora de Zona Franca e o IGAPE, reuniu este 19 de marzo en Porto do Molle de Nigrán a un centenar de participantes de 36 propostas empresariais que gozaron dun día de dinámicas de grupo para avaliar as súas competencias como promotores.
O obxectivo é conseguir entrar entre os 23 proxectos elixidos, que en próximos días daranse a coñecer, para pasar á seguinte fase de preaceleración da Academia.
Mentres na primeira fase valoráronse as ideas e o contido dos proxectos, no Startup Day de hoxe, ao que asistiron o delegado do Estado da Zona Franca, David Regades, a directora de Igape, Covadonga Toca, e o alcalde de Nigrán, Juan González, valorouse aos promotores e os seus equipos. Mediante dinámicas de grupo avaliáronse competencias como o liderado, a comunicación, a capacidade de negociación ou a creatividade. Tamén, o grao de complementariedade e o carácter multidisciplinar, así como a experiencia profesional e emprendedora previa, especialmente no ámbito sectorial de aplicación.
En definitiva, o Startup Day priorizou coñecer aos promotores das propostas e a valoración de equipos, identificar carencias ou necesidades e avaliar a súa capacidade de levar os proxectos ao éxito, así como o compromiso e dedicación, a súa solidez, e o equilibrio do grupo para capacitar o seu desenvolvemento actual e os novos retos futuros. David Regades, que desexou sorte e éxito aos proxectos deste ano, destacou “o excelente balance de 7 edicións de ViaGalicia, que se consolidou como unha das aceleradoras máis destacadas de toda España”. O delegado do Estado na Zona Franca puxo en valor “datos que falan por si sós: analizáronse máis de 1.500 iniciativas empresariais e axudamos na definición do modelo de negocio a máis de 200 proxectos. O resultado son 57 startups que superaron no último ano os 45 millóns de euros de facturación e pecharon roldas de financiamento por valor de 70 millóns de euros, creando máis de 500 empregos de alta cualificación. Son números extraordinarios”.
Das 36 propostas analizadas, destacaron as relacionadas coas TIC, máis dun 22%: aplicacións, servizos de software ou organización de procesos. Tamén os proxectos do sector da Agroalimentación e a Pesca (17%), e Turismo e Hostalería (11%). Só estes tres sectores representaron un 50% do total; no 50% restante foron iniciativas vinculadas a Servizos a Empresas e Enerxía e Recursos Naturais cun 8% do total cada un.
En resumo, na tipoloxía de proxectos, as tendencias predominantes foron as novas tecnoloxías, especialmente no campo da IA, aínda que comezan a despuntar outros sectores como o envellecemento activo. A seguinte fase da Academia, na que participarán os 23 proxectos que saian seleccionados do Startup Day de hoxe, desenvolverase durante 7 fin de semana para a súa validación e definición.
O obxectivo desta nova etapa será facilitar os coñecementos, competencias e habilidades necesarias para definir o seu modelo de negocio a través dun programa práctico de pre-aceleración, enfocado á proposta de valor, a mellora e definición do modelo de negocio e a súa orientación ao mercado.