Os viveiros municipais de empresas reciben os primeiros ocupantes


Comezaron a funcionar xa os primeiros viveiros de empresa situados no Multicentro de Torneiros. Hai un total de sete locais dos cales tres xa están ocupados. Un despacho de avogados, unha empresa de servizos informáticos e outra de espectáculos son as primeiras que asinaron, co alcalde Nelson Santos, o contrato que lles permitirá dispor dun local no cal xa están desenvolvendo a súa actividade. O rexedor local felicitounos pola súa iniciativa e predisposición a iniciar un proxecto empresarial, desexándolle moita sorte no camiño emprendido.
Dous dos catro locais restantes xa están solicitados para ser o­cupados e os outros dous están a disposición de calquera porriñés que vaia desenvolver unha idea empresarial.
A ocupación destes viveiros será gratuíta durante o primeiro ano e para a súa adxudicación priorizarase a viabilidade do proxecto, os seus promotores (colectivos desfavorecidos, mulleres, parados de longa duración, menores de 30 e maiores de 45 anos) e os postos de traballo que xenere.