Ourense | Expourense acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do OUR FEST, que este ano reedita a súa cita musical cun cartel de luxo con destacadas bandas internacionais e nacionais.
Xosé Manuel Merelles, director xeral de Turismo da Xunta, estivo acompañado no acto por Marta Novoa, vicepresidenta Deputación de Ourense; Noa Rouco, concelleira responsable de Artes e Festexos; Jorge R. Mantiñán e David Jiménez-Zumalacárregui, director e director artístico, respectivamente do festival, que conta co apoio da Xunta de Galicia e Deputación de Ourense.
Xosé Merelles, destacou a relevancia de seguir apostando polo turismo de festivais que tan bos resultados está dando en Galicia, situando o noso territorio como referente deste tipo de eventos culturais.
O OUR Fest regresará así o vindeiro 21 de outubro encabezado pola banda londinense, que está a conquistar escenarios internacionais co seu enérxico post-punk, e as mellores sesións de Cheries Djs e Clangor Dj, xunto con recoñecidas bandas e artistas como Suede, Baxter Dury; Kula Shaker, ou os nacionais Grande Amore, ou Melenas. As entradas para o evento, que se celebrará en Expourense, xa están á venda a través de ourfest.gal e ataquilla.com a un prezo de 30€ + gastos de xestión.