Ourense | A Praza Maior da capital das Burgas acolleu unha manifestación convocada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) en protesta pola vaga de lumes que está azoutando a Galicia nestes días, principalmente nas provincias de Lugo e de Ourense.
Os maniestantes quixeron demostrar a súa repulsa por estes incendios que están afectando tanto ao ecosistema ambiental como ás persoas que viven nestas localidades, que se ven na obriga de verse desprazadas das súas vivendas.
Os asistentes reclamaron ó mesmo tempo unha maior e eficaz intervención por parte das autoridades á hora de atender tanto ás persoas afectadas como no relativo á activación de medidas de prevención contra estes actos.
Con motivo da celebración do Día de Galicia este 25 de xullo, diversos actos e manifestacións realizadas na capital Santiago de Compostela lembraron da necesidade de atender esta vaga de incendios e ás persoas afectadas.
Podemos tamén observar algunhas fotos sobre os estragos que ten causado os incendios na poboación ourensá do Barco de Valdeorras.