Outono Gastronómico de Mondariz

Coa participación da recoñecida cociñeira Rocío Garrido

Mondariz | A Praza de Abastos de Mondariz acollerá o 13 de novembro, a partir das 20:00 horas, un orixinal evento de cociña en directo ou showcooking con ingredientes suministrados principalmente por produtores locais, que tamén inclúe un menú de degustación composto por catro pratos e viño do país.

Detrás do deseño desta actividade e dos propios fogóns está a recoñecida cociñeira galega Rocío Garrido, emprendedora do sector e creadora do proxecto www.cocinademiabuelo.com, así como a AA.VV. Xabriña de Mondariz e o propio Concello de Mondariz, que colabora para promover a visibilización de produtos e produtores locais, en liña con outros proxectos dinamizadores como as xornadas de oportunidades de desenvolvemento no medio rural, previstas para este 6 de novembro.

Tamén están as saídas micolóxicas enmarcadas no programa “Outro xeito de andar”, nas que xa non quedan prazas para o 13 de novembro, e o novo viveiro de empresas, que está regulado e tamén apoia as iniciativas emprendedoras local con espazos para a xestión e a comercialización de produtos.

As persoas que desexen participar neste evento gastronómico para todas as idades e experimentar os sabores do outono en Mondariz poden realizar reservas a través dun formulario web até o día 11 de novembro incluído.

O prezo da entrada é de 20 euros por persoa, que se aboará durante o control de acceso. Se sobran prazas, permitirase a entrada de persoas sen inscrición previa nas mesmas condicións o mesmo día do evento.

Ligazón ao formulario de inscrición:
https://forms.gle/zZAZVcwm15fzb4gQ8