Arbo | O Museo Arabo pecha o mes de Outubro con 550 visitantes chegados de distintos municipios de Galicia, Madrid e do país veciño Portugal.
En agosto de 2023 o Nº de turistas que visitaron Arbo foi de 6.930 un 58,4% máis que en agosto de 2022. O nº total de turistas que visitaron Arbo de Xaneiro a Agosto de 2023 foi de 23.796 un 20,1% máis que no mesmo período de 2022,o total de turistas de orixe nacional foi de 6.248 (-0,6%) e os de orixe internacional 17.548 (+29,7%).
Para Arbo o ano 2023 esta sendo un gran ano. 2023 comezaba en FITUR coa entrega do distintivo á Festa da Lamprea como “Festa de Interes Turístico Internacional”, que recoñece a antigüidade (é a máis lonxeva de Galicia), singularidade, vinculación, valor gastronómico e cultural desta Festa. Febreiro, Arbo e Sainte-Terre (Francia) estreitaban lazos asinando o acordo previo para o irmandamento, co propósito de profundar os lazos de amizade, colaboración e cooperación que lles unen.
Coa tempada “lampreeira”, en abril, Arbo celebraba a sesenta e tres edición da Festa dá Lamprea cun “cheo absoluto” e “record de visitantes durante os tres días”. Tamén agosto e a “Festa da Lamprea Seca”, pechaba o verán con marca historica, superando a venda da lamprea seca e a asistencia de publico, o que consolidada a Arbo como “a Capital Mundial da Lamprea, corazón dos viños Condado e Albariño”. Revisado datos, demóstrase que Arbo é un reclamo turístico, un total de 550 persoas pasaron polo Museo Arabo e por Arbo só no mes de outubro, para coñecer os costumes, o patrimonio, o Museo, a Lamprea e os viños das adegas de Arbo.
Segundo informa o alcalde, Horacio Gil, “o numero de visitantes superou todas as previsións “ – desde o goberno arbense valoramos que el éxito de turistas veu pola promoción que leva feito desde o Consistorio nos últimos anos e a variedade de actividades que se realizan ao longo do ano, fomentando o turismo a Arbo durante os 12 meses do ano.
Segundo a páxina foro-cidade, en agosto de 2023 o numero de turistas que visitaron Arbo foi de 6.930 un 58,4% máis que en agosto de 2022, sendo o total 23.796 os que escolleron Arbo desde Xaneiro a Agosto de 2023 para pasar as súas vacacións, un 20,1% máis que no mesmo período de 2022,o total de turistas de orixe nacional foi de 6.248 (-0,6%) e os de orixe internacional 17.548 (+29,7%).
Desde o Concello, estamos centrados en novos proxectos para a promoción de Arbo e os seus recursos turísticos de fronte ao ano que vén – informa o rexedor Horacio Gil- Se para Arbo, o ano 2023 foi un gran ano con moitos acontecementos importantes e que nos sitúan no “Mapa”, o 2024, esperamos siga recompensando o traballo que estamos a realizar desde o Consistorio en Turismo e Promoción e sigamos recibindo os recoñecementos que os veciños e veciñas de Arbo, merécense – acaba o rexedor.
De Arbo atrae todo, os seus costumes, os prados verdes, as carballeiras, as montañas, as festas tradicionais como a de San Fins, os carreiros a beira do Miño e Deva, o seu patrimonio, as “pesqueiras”, a pesca da Lamprea, O Museo Arabo, a hostalería, as adegas e mesmo as historias vinculadas á lamprea e aos pescadores…
O alcalde Horacio Gil, manifesta que “recomendar Arbo non é recomendar unha viaxe máis… é recomendar unha viaxe ao reencontro con sensacións inesquecibles que pasan por atoparse a un mesmo e as súas orixes. A hostería de Arbo trata ao viaxeiro como o familiar que volve a casa, non existen turistas, senón amigos que comen na nosa mesa e aos que damos o mellor que temos.”