Paiporta, a DANA e a crise sistémica.

Infinidade de comentarios e de reaccións se derivaron da visita a Paiporta das principais autoridades do Estado, sendo estes os monarcas Felipe VI e Letizia de Borbón e o presidente de goberno Pedro Sánchez, así como do seu homólogo da Generalitat Valencià, Carlos Manzón. Trala tensión vivida nas rúas, que derivaron en ataques a Sánchez e unha inédita imaxe dos monarcas suportando os reclamos e amosando confraternidade coas vítimas, nalgúns medios (principalmente de dereitas) fálase incluso do “motín de Paiporta”, un mote con evidentes interpretacións en clave política.

“O sucedido en Paiporta implica observar a materialización dunha crise sistémica do modelo de Estado que volverá a ocupar o seu epicentro dentro do polarizado debate político actual”

O sucedido en Paiporta implica observar a materialización dunha crise sistémica do modelo de Estado que volverá a ocupar o seu epicentro dentro do polarizado debate político actual. Esta traxedia traduce síntomas de desconfianza cidadá tanto co modelo autonómico como da capacidade estatal para ofrecer os servizos e a cobertura de seguridade necesarias. Pero a pesares da tensión cidadá contra as autoridades en Paiporta e a reprimenda (mesturada con certas doses de apoio) cara os monarcas, aquí abórdase outra clave política: o reforzamento da imaxe da monarquía borbónica, o cal intúe que poderíase estar instrumentalizándose unha operación mediática para amosar unha imaxe máis favorable a unha monarquía “popular” e “máis cercana co sufrimento do pobo”.

Nas redes sociais medran as mensaxes que colocan a Letizia como a “Raíña do Pobo”. Isto determina unha campaña mediática claramente orquestrada polo “Estado Profundo” que definan colateralmente a enésima crise de liderado (e de credibilidade) dun Pedro Sánchez cercado polos escándalos dentro do seu entorno (Begoña; Koldo; Aldama). Así, a DANA pode abrir os canais que confirmen o estado de crise sistémica do eufemisticamente denominado “réxime do 78”, un debate ata agora concentrado no establishment político e mediático pero que pode comezar agora a reflectirse no sentir cidadá.

Tralos inaceptables rifirrafes entre o goberno central e o autonómico sobre o envío da axuda, que demoraron a necesaria protección civil e a anticipación de medidas de seguridade e sanitarias que finalmente maximizaron unha traxedia humanitaria que ata o momento ten cobrado máis de 200 vidas,  o goberno de Sánchez interpreta o sucedido en Paiporta como un “ataque da ultradereita”, a tenor dos infiltrados  que o increparon. Unha declaración que pode interpretarse como desafortunada nun momento de conmoción nacional que precisamente non necesita a politización desta crise humanitaria. Tanto como inaceptable foi a oportunista presenza en Valencia do líder da oposición, Núñez Feijóo e as críticas de VOX ante a “vitimización” de Sánchez, ámbalas dúas con evidencias concretas de sacar rédito político desta traxedia.

“Construír un relato favorable ao papel dunha monarquía ‘popular’ ante a eventualidade de calquera discusión sobre reforma constitucional que poda estar en marcha”

Tras solidarizarse coas vítimas e “entender a súa rabia e frustración”, o Rei chamou á “unidade”. As claves detrás destas declaracións son evidentes: construír un relato favorable ao papel dunha monarquía “popular” ante a eventualidade de calquera discusión sobre a reforma constitucional que poda estar en marcha. Pode parecer apresurado e incluso temerario pero a traxedia da DANA e os sucesos de Paiporta anúncianse como un “turning point” que eventualmente impliquen un novo pacto político dentro do actual modelo de Estado.

Propietario da foto: RTVE.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.