O Carballiño | Valentín Formoso, secretario xeral do PSdeG, destaca o resultado do partido nas enquisas, situando a formación socialista como a “única forza que sobe”.
O secretario xeral reuniuse hoxe no concello do Carballiño co secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, o presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, Abel Caballero, e de Galicia, Alberto Valera, así como a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e representantes provinciais.
Fomoso destacou aos medios os resultados das enquisas, que din que o PSdeG é a “única forza que sobe” fronte ao PP que “baixa” e o nacionalismo, que “se estanca”. “Aí estará o PSdeG para alcanzar o goberno da Xunta en 2024”, proclamou.
Francisco Fumega, alcalde do Carballiño, destacou tamén o proxecto do PSdeG-PSOE, partido que goberna no “60 por cento de poboación” e que cre “nunha Galicia con futuro”.