Pedras

Por Agustín Lorenzo Fidalgo

Foto: culturagalega.org

Pedra nas mans
Xuntos camiñamos ergueitos
soportamos as endeitas do poder caciquil
soportando as endeitas dun poder eclesiástico

un eterno poder caciquil
un eterno asoballamento
soportamos as endeitas do presente
soportaremos as endeitas do futuro
os nosos ancestros soportaron endeitas do pasado
xuntaremos as nosas mans nesta angueira
xeiras pesadas arrumbaron os nosos ancestros

labrando de sol a sol
labraron colleitas para o fisco
dando o seu sangue polo noso futuro
herdanza dunha xeración de traballo e miseria
ergamos a nosa voz de pobo libre
ergamos os fachos da liberdade

queren alienar as nosas mentes
debuxemos noites para soñar
lendas de loita agardan a nosa xuventude
non deixemos que nos tapen a boca
xunguiremos a nosa língua e a nosa cultura

pedras que choran nas noites desta invernia
pedras liberadas para os nosos fillos
máns enlamadas procurando a vida
soñemos cunha herdanza sen medos
soñemos con tempos de liberdade
loitemos xuntos por unha meta de paz

loitemos por un tempo de xustiza
ergamos a nosa bandeira
defendamos a língua dos nosos ancestro

Agustín Lorenzo Fidalgo