Ponteareas | Por segundo ano consecutivo a xornada festival no parque de San Roque resultou todo un éxito sendo o xogo popular do pau de sebo o que máis curiosos e siareiros atraxo. Facendo gala de habilidade e valentía, os e as xogadoras ofreceron espectáculo sendo na modalidade vertical o primeiro posto para Brais Vila Pereira, o segundo posto para Iria Lemos Fernández, o terceiro posto Roberto Lemos González e o cuarto posto para Logan Martínez Pousada. Na de pau horizontal o primeiro posto foi para Pedro Covelo, segundo Ángel Lamas Aguado e o terceiro para Jaime Domínguez Cordero.
Os medios de comunicación non quixeron perderse esta fazana e algún programa televisivo fixo un seguimento desta xornada tan divertida como tradicional na que non faltou unha cea popular e moita música.