Vigo | O escultor Pedro Dobao, natural do Barco de Valdeorras, exhibiu no Vitruvia Café de Vigo a súa obra “Esculturas”, que combinan a súa sensibilidade artística coa súa visión persoal, na que prevalecen a importancia de “beber das fontes da sociedade” para “absorber o que mira e examinar no máis profundo, onde outros ollos non ven”.
Esta exhibición contou coa presenza de amigos e familiares do escultor, destacando os coñecidos xornalistas Fernando Franco e Luís Fernando Ramos Fernández, os cales dedicaron agarimosas palabras de admiración ao seu amigo Pedro Dobao, como artista e como persoa, destacando a súa prolífica traxectoria escultórica na que, en palabras de Ramos Fernández, “convida a acariñar as súas obras”.
A velada contou tamén coa notable actuación do pianista vigués Roberto Diz, quen deleitou aos presentes cunha peza de Frédéric Chopin.
As obras de Pedro Dobao atópanse exhibidas en diversos Concellos e coleccións e museos de arte contemporáneo, que dan fe da prolífica traxectoria artística do escultor valdeorrense.