A poucos metros do Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO), sitúase o Sotomayor, ao inicio da encosta Méndez Nuñez. Non é un Centro de Arte Plástico, a xulgar polo nome, senon un espazo culinario rexentado por un galego emigrante a Alemania e depois do retorno, asentouse no corazón da cidade olívica para crear o seu propio mundo.
Productos de primeira calidade, regados polos caldos engarrafados nas adegas Regina Viarium da Ribeira Sacra os tintos ou blancos chegados do Condado de Salvaterra de Miño, da Adega Señorio de Sobral.
Pepe, unha singular persoa, feito a sí mesmo como moitos galegos que emigraron, neste caso a Alemania, onde a inserción na sociedade dese pais foi extraordinaria, rexentando un negocio de productos españoles baixo a denominación de “Bodegas El Cid, conectando asiña cos alemáns, alen da integración en movementos asociativos, desde os 16 anos ata ser candidato dunhas eleccións municipales polo partido CDU, ou mesmo dicir, o partido de Ánxela Merkel.
Enak Ferlemann, destacado político conservador e Secretario de Estado, visitouno en varias ocasións na cidade de Vigo, onde o galego retornou por motivos persoais e para poñer en marcha o Restaurante que leva o nome do pintor ferrolán que fora director do Museo do Prado o mesmo que estivera, en O Condado Paradanta para pintar unha tela de 1,98×2,12 patente Centro Galego de Bos Aires, “A Procesión da Virxe de A Franqueira” na actualidade no Centro Galego de Bos Aires, exhibindose no Salón Principal.
O restaurador, aínda que naceu na cidade de Vigo, ten raíces en Godóns, en terras de Covelo, estando o restaurante decorado con copias de cadros do que tamén fora membro da Real Academia de Belas Artes de Madrid e igualmente con fotografías de personaxes do mundo da cultura e política que se sentaron noutrora e na actualidade na sala de xantar deste negocio a medio camiño entre cantina tradicional galega e cervexería ao estilo alemán, entre eles Alberto Medina ou mesmo dicir o “Picasso dos Andes” a quen coñecera en Bonn cando era a capital da República Federal Alemana, ou o inesquecible bardo Carlos Oroza.
“O restaurador, aínda que naceu na cidade de Vigo, ten raíces en Godóns, en terras de Covelo”
Non están en fotografías, son ou foron clientes Carlos Nuñez, pai do gaiteiro, Leo Harley, Uxia Blanco, o artista Jandro e mesmo o inesquecible Xosé Guillermo que puxera en marcha a Fundación Nautilius, na Rúa Mendez Nuñez, a carón do restaurante, un negocio a medio camiño entre cantina tradicional galega e cervexería ao estilo alemán, onde o cocido e o lacón con grelos son un referente alen doutras exquisiteces saidas dos fogóns, ben sexa no inverno Codillo alemán, Manilla asada, a mesma peza que se utiliza na “Carne o Caldeiro” e no verán Paella ou ameixas con fideos, sen esquecer a Noite Alemana, unha xornada con Porco Celta, figurando durante 15 anos en “Le Routard” guía Francesa igual que no libro “Las recetas de nuestros Restaurantes” de Pepe Cadavedo.