Baiona | O Concello de Baiona organiza o primeiro “Festival Peregrino: Peregrinarte” pensado para potenciar o Camiño Portugués da Costa entre a veciñanza, os peregrinos e os visitantes.
A novidosa actividade celebrarase este xoves 31 a longo de todo o día. O evento inclúe “PereginArte”, un espazo no que participar toda a familia e creado para interactuar entre os nenos e nenas coas súas familias e os peregrinos que transcurren polo Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola vila.
Así, os diferentes obradoiros para todos os públicos estárán organizados en distintos lugares polos que transcurre o camiño en horario de 12:00 a 14:00 h e outro de 19:30 a 21:30 horas. Un total de 6 obradoiros de temática variada, nunha quenda de mañá e outra de tarde, en 4 localizacións: xardíns da Biblioteca, praza do Concello, xardíns da Casa da Navegación e Fonte de Ceta. Non é necesaria a inscrición previa.
Xa pola noite, a partir das 22.00 horas, dará comezo o espectáculo “Camiñantes e cantantes. 30 anos de Camiño con La Ocaband” contando tamén coa participación de Pepo Suevos, Manuel Manquiña e Pili Pampín. Será no Parque da Palma, onde a medianoite pechará o festival o Bruxo Queimán co seu espectáculo “Queiman Folk!”.