Piden ao Concello de Mesía nomear a Baldomero Iglesias, “Mero” como Fillo Adoptivo

A petición foi realizada pola Asociación Cultural "Obradoiro da História"

A Coruña | A Asociación Cultural “Obradoiro da História”, despois da proposta recibida por Gumersindo Campaña Ferro, Luís Louro López, Manuel Pazos Gómez e Betty Louro López, decide solicitarlle ao Concello de Mesía a concesión honorífica de Fillo Adoptivo de Mesía a D. Baldomero Iglesias Dobarrio “Mero”.

É por este motivo pola cal esta asociación solicita: Que apoie a proposta que a A.C. Obradoiro da História realizará ante o Concello de Mesía para que Baldomero Iglesias Dobarrio “Mero” sexa nomeado Fillo Adoptivo do Concello de Mesía.

O escrito poderá enviarse aos seguintes enderezos: obradoirodahistoria@gmail.com. A. C. Obradoiro da História (Manuel Pazos Gómez)
Castro de Marzoa, 13 (15688 – Oroso) A Coruña (GZ)

A data orientativa que se fixou para recibir os avais á proposta é a finais de 2023. A comunicación que nos remita formará parte da documentación que se presentará no Rexistro do Concello de Mesía, xunto coa solicitude de concesión da mención honorífica e a memoria de méritos de Baldomero Iglesias “Mero”.