A Guarda | A Guarda, que no seu momento se uniu o Plan de Compostaxe Revitaliza da Deputación de Pontevedra, leva xa varios anos formando e promocionando a compostaxe entre os seus veciños.
O complexo medioambiental de Cerceda, desta última vez doou o Concello da Guarda un total de 25 composteiros individuais, que se suman aos 50 que xa doara o ano pasado, conseguindo así que a vila Guardesa chegue a ter case seiscentos composteiros repartidos entre os veciños.
Dende o Concello quérese salientar a estupenda acollida que ten a compostaxe individual, xa que o pasado mércores 23 repartíronse no Centro Cultural da vila os tan demandados composteiros. Nesta cita, a mestra composteira fixo unha pequena formación aos veciños para ensinarlles dende como se monta o composteiro ata que se debe botar ou onde é o lugar mais axeitado para telo.
A reunión de entrega dos composteiros acudiron tanto o Alcalde da Guarda, Roberto Carrero como a Concelleira de Medio Ambiente, Vanesa Alonso. Hai que salientar que tratar os nosos residuos orgánicos a través da compostaxe ten innumerables beneficios tanto para o medio ambiente como para a vila xa que reduce os custos do servizo de lixo e limpeza ademais de reducir o número de contedores nas rúas, evitando así numerosas problemáticas asociadas. A través deste tipo de xestión conseguimos transformar un residuo nun recurso moi valioso para o nos solo.