Salceda de Caselas/PSdeG-PSOE | O Pleno Ordinario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros do PSdeG-PSOE, Xurxo Gregorio e Saúl Olmo e defendida polo primeiro.
O Grupo Municipal Socialista pediu en devandita moción instar o goberno municipal a
que lle solicite á Confederación Hidrogŕafica do Miño-Sil o seu compromiso de inversión
co Concello de Salceda, en concreto na finalización da senda fluvial do Río Caselas en
Entenza.
Dado que nos últimos tempo a CHMS comezou a facer inversións en saneamento noutros
concellos, a petición do grupo socialista acompañouse dunha solicitude de darlle
prioridade a levar esa inversión o comezo de obras de saneamento na parroquia de
Entenza.
A moción do Grupo Socialista foi apoiada por todos os grupos representados no
consistorio salcedense. O Grupo do PSdeG-PSOE considera esencial trasladar todos os
recursos posibles a obras de saneamento imprescindibles sobre todo nas parroquias de
Entenza e Soutelo.
Os concelleiros do PSdeG-PSOE tamén solicitaron que se informe as veciñas e veciños
dos trámites a seguir para o baleirado de fosas. Esta tarefa que está sendo levada a
cabo polo Consorcio de Augas do Louro, aínda non é coñecida pola veciñanza na súa
totalidade, e en moitos dos casos xera dúbidas a solicitude do servizo entre as posibles
persoas usuarias que o poden necesitar.
O Pleno de Salceda deste pasado Xoves tamén aprobou renovar o Servizo de Atención
Temperá, servizo mancomunado co Concello de As Neves, dirixido para nenas e nenos
de 0 a 6 anos que tamén puxo en funcionamento unha Concelleira Socialista, Gela Ledo
na anterior lexislatura.