Mos | Esta mañá celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos unha sesión plenaria extraordinaria que constituíu o Pleno Organizativo da nova Corporación Municipal.
Ademais na sesión plenaria procedeuse tamén ao sorteo das mesas electorais, con motivo das vindeiras Eleccións Xerais do 23 de xullo, de acordo co establecido no art. 26 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral.
O segundo punto do orde do día foi a dación de conta da constitución de grupos políticos (PP, PSOE e BNG), integrantes e voceiros (Leo Costas, Victoria Alonso e Gustavo Barcia).
A alcaldesa, Nidia Arévalo, tamén deu coñecemento das resolucións en materia de nomeamento de Tenentes da Alcaldesa. 1º Tenente de Alcaldesa: D. Camilo Grandal Pérez. 2º Tenente de Alcaldesa: D. Leopoldo Costas Alonso. 3º Tenente de Alcaldesa: Dna. Laura Méndez Senlle.
Así mesmo nomeáronse aos membros/as da Xunta de Goberno Local (que seguirá a ter periodicidade semanal) e delegacións de competencias efectuadas nos/as concelleiros/as e devandito órgano colexiado. Os membros da Xunta de Goberno Local son os seguintes concelleiros/as: 1º. Don Camilo Grandal Pérez 2º. Don Leo Costas Alonso 3º. Dona Laura Méndez Senlle 4º. Don José Ramilo Hermida 5º. Don Evaristo Ucha Rodríguez. As delegacións xenéricas dos/as concelleiros/as de goberno son:
1. Obra pública, coa facultade de ditar actos de trámite e resolutorios que afecten a terceiros, D. Camilo Grandal Pérez.
2. Economía, Industria, Facenda e Deportes, coa facultade de ditar actos de trámite e resolutorios que afecten a terceiros, Dna. Felisa Rodríguez Carrera.
3. Coordinación xeral e bo goberno, Persoal, Contratación, Igualdade, Patrimonio, Emerxencias e Novas Tecnoloxías, coa a facultade de ditar actos de trámite e resolutorios que afecten a terceiros, D. Leopoldo Costas Alonso.
4. Política social e Cultura, coa facultade de ditar actos de trámite e resolutorios que afecten a terceiros, Dª Sara Mª Cebreiro Alonso.
5. Emprego, Mobilidade, Educación, Mocidade e Participación Cidadá, coa facultade de ditar actos de trámite e resolutorios que afecten a terceiros, Dona Julia Loureiro Campo.
6. Urbanismo, coa facultade de ditar actos de trámite e resolutorios que afecten a terceiros, D. José Ramilo Hermida.
7. Alumeado público e Eficiencia enerxética, coa facultade de ditar actos de trámite e resolutorios que afecten a terceiros, D. Evaristo Ucha Rodríguez.
8. Servizos públicos, coa facultade de ditar actos de trámite e resolutorios que afecten a terceiros, D. Baldomero Lorenzo García.
9. Atención Veciñal, Medio Ambiente, Mantemento de Zonas Urbanas, Parques e Xardíns, coa facultade de ditar actos de trámite e resolutorios que afecten a terceiros, Dna Laura Méndez Senlle.
Neste Pleno tamén se levou a cabo a determinación da periodicidade das sesións do Pleno que seguirá a ser menusal no Pazo de Mos o último luns de cada mes ás 10.00 horas da mañá.
Realizouse ademáis na sesión plenaria desta mañá a creación e composición de Comisións Informativas Permanentes: – Especial de Contas, Facenda, Economía e Industria. – Urbanismo e Medio Ambiente. – Persoal, Réxime Interno e Contratación. – Emprego. – Política social e Igualdade. – Educación, Mocidade, Participación Cidadá e Mobilidade. – Cultura e Deportes. – Eficiencia enerxética e novas tecnoloxías – Patrimonio.
– Servizos públicos. Segundo.- Celebrar sesión ordinaria cunha periodicidade mensual, con carácter previo á propia sesión plenaria, nos días e horas que fixe a alcaldía ou a súa respectiva presidencia, das comisións informativas das que se leven asuntos ao Pleno. Terceiro.-
Fixar unha composición de sete membros, distribuídos da seguinte maneira, que se entende que mantén e respecta, en todo caso, a proporcionalidade existente no pleno corporativo: – Grupo municipal do PP.- 4 membros. – Grupo municipal do PSdG-PSOE .- 2 membros. – Grupo municipal do BNG.- 1 membros.
A proposta de recoñecemento de 5 dedicacións exclusivas totais e 1 parcial aprobada foi a seguinte: en réxime de dedicación total os seguintes cargos: Alcaldía. Área de Coordinación Xeral e Persoal; Igualdade; Patrimonio; Emerxencias e Novas Tecnoloxías.
Área de Política Social, e Cultura. Área de Emprego e Mobilidade; Educación, Mocidade e Participación Cidadá. E Área de Servizos Públicos.
E en réxime de dedicación parcial o cargo de xestión da Área de Atención Veciñal; Medio Ambiente, Mantemento de Zonas Urbanas, Parques e Xardíns.
Presentación da terceira fase de excavacións do “Castro de Pereiras”
O vindeiro venres 30 de xuño, no local da comunidade de montes de Pereiras, celebrarase a presentación da terceira fase de excavacións do “Castro de Pereiras”.
Aproveitarase para presentar o mini documental “Descubrindo o Castro de Pereiras”, realizado o ano pasado na segunda intervención co obxectivo de dar a coñecer o castro, e así mesmo tamén será útil nas próximas visitas de escolares, xa que nel amósase o proceso de excavacións e as explicacións do director dos traballos, Mario Pereiro.
A esta presentación asistirán todos os comuneiros/as, veciños/as e asociacións da parroquia, ademais da Corporación Municipal e todos/as aqueles que estean interesados/as no castro.