A Política de consenso do Alcalde non existe co PP e só está dirixida ao concelleiro de EU

 

consenso

Ponteareas/PP |O Alcalde sempre busca unha desculpa para retirar as mocións e iniciativas que lle propón calquer membro da oposición, coa salvedade do que proven de EU, e neste caso Represas xustifica que retirou a moción do PP porque afirma que o Goberno está elaborando, neste mes de maio, unha proposta de modificación do orzamento e que non pode recoller outras cuestións, nen sequera unha iniciativa que o PP xa presentou no mes de xaneiro.

Non entendemos dende o grupo popular, en qué non están dacordo posto que a proposta presentada no mes de xaneiro era para que no orzamento prorrogado co que está a traballar o Goberno este ano se aumenten algunhas partidas económicas que consideramos son insuficientes, tal e como tamén o consideraban o BNG, o PSOE, e por suposto EU fai tempo.

Dende o PP o que se pretende é que o Goberno aumente as axudas a clubes deportivos, a centros culturais e a emerxencia social, ata 75.000€ e 120.000€ respectivamente, e a maiores que se cree unha nova partida económica con 75.000€ para repartir entre outras asociacións como as musicais, teatrais, veciñais, traidas de auga, e todas aquelas que ata agora recibían axudas da Deputación e agora xa non.

A día de hoxe, xa rematado maio, onde debía “centrarse” o Goberno de xeito prioritario e en particular o Concelleiro de Facenda, é en buscar unha solución á situación “irregular” e “fora da Lei” na que se encontra este Concello dende finais de 2016, porque tal e como informou o Interventor “calquer acordo en materia económica que se adopte, sen antes corrixir o remanente negativo de tesourería, será nulo”, e todo isto porque as políticas de gasto levadas a cabo por este Goberno durante os 2 anos que levan gobernando levounos a incumprir o Plan de Saneamento 2014-16.

Pola contra nin o Alcalde nin o Concelleiro de Facenda toman medidas para corrixir primeiro a situación “irregular” dándolle cobertura no orzamento as facturas do Plan de Pago a Proveedores, e logo si é posible, plantexar modificacións do orzamento para gastar mais de 400.000€ en novas contratacións e mais gasto para o Concello, como queren facer, e que é moi probable que as arcas municipais non poidan asumir sen endebedarse mais.